HomesociedadeXaneiro, un mes negro para o paro na zona sur da provincia

Xaneiro, un mes negro para o paro na zona sur da provincia

CCOO informa de que o paro subiu en 97 persoas na zona sur e lamenta que no sector do comercio se estea despedindo a nais de familia, con 10 anos de experiencia e cobrando 700€/mes.

Publicado o

- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO-Lugo valora negativamente o aumento do paro, en 97 persoas, no mes de xaneiro; sumando un total de 2.611 parados. Lemos conta con 1653 parados, 60 máis que en decembro; Quiroga 304, 2 máis e a comarca de Chantada 654, con 35 parados máis que en decembro.

Por concellos, todos incrementan o número de parados, destacando o incremento en Chantada con 29 máis, Monforte con 34 e O Saviñao e Pantón con 14 e 13, respectivamente. Diminuíu o paro nos concellos da Pobra do Brollón e Folgoso do Courel con 6 e 4 parados menos, respectivamente. O aumento do parados en máis dun 4% leva ao sindicato a calificar xaneiro, como mes negro.

Por outra banda, o sindicato lamenta a explotación do aserradeiro da Áspera, por ter os traballadores sen contrato e pagarlles moi por debaixo do convenio de aserradeiros de Lugo. O sindicato lémbralle a este empresario que tamén incumple as medidas de seguridade da Lei de Prevención.

CC.OO. tamén lamenta que se estea despedindo no sector comercio a nais de familia con 10 anos de experiencia e cobrando 700€/mes, aseguran que xa denunciaron estes casos no xulgado do social.

 

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...