HomesociedadeO 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

Na xornada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o equipo de goberno do Concello de Ribas de Sil achegouse a Peites para entregar un ramo, en nome de todos os veciños e veciñas do concello, á muller máis maior do termo municipal, Jimena Mondelo Díaz, que hai poucos días celebrou 102 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de marzo cunha xornada na que o alumnado do CEIP de San Clodio compartiu actividade coas persoas residentes na residencia de maiores de Ribas de Sil. Xuntos participaron nun xogo de bingo moi particular no que foron repasando figuras femininas salientables da historia, como María Pita, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Maruxa Mallo, María Casares, María Concepción Pérez Iglesias ou Clara Campoamor. Posteriormente, os nenos e nenas trasladáronse á Casa do Concello, onde plasmaron nun traballo, o aprendido ao longo da xornada na que estiveron acompañados pola concelleira de Igualdade, Rosy Quiñones.

Dentro das actividades tamén se visitou a mulleres que desempeñan o seu traballo en distintos servizos e establecementos do municipio, como o supermercado local, o servizo de Correos e o centro de saúde, recoñecendo así o seu labor diario. Ademais, unha mesa informativa percorreu diferentes puntos repartindo material de sensibilización e divulgación.

Xa o 8 de marzo, o equipo de goberno do concello de Ribas de Sil visitou a Jimena Mondelo Díaz, que naceu en Peites o 3 de febreiro de 1924. Despois de vivir en Barcelona regresou ao seu concello natal, onde reside na actualidade. Jimena asegura que é posible chegar ben aos 102 anos, e dío unha muller que tivo que superar dificultades nos primeiros anos da súa vida.

No ano do seu nacemento, España vivía baixo a ditadura de Primo de Rivera e o mundo atopábase nun período de grandes cambios tras a Primeira Guerra Mundial. Naquela época, as mulleres aínda non tiñan dereito ao voto en España. Non sería ata 1931 cando se recoñeceu o sufraxio feminino, grazas á defensa desta lei no Parlamento por parte de Clara Campoamor, que fixo posible que as mulleres puidesen votar por primeira vez nas eleccións. Ela hoxe pode votar.

Ata alí achegáronse o alcalde, Roberto Castro; a concelleira de Igualdade, Rosy Quiñones, que foi a encargada de entregar o ramo de flores; e as concelleiras María del Carmen González e Fina Alonso, esta última tamén veciña de Peites.

8M 2026 Ribas de Sil

ÚLTIMAS

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...

Protesta cidadá en Monforte pola fonte do Parque dos Condes

A voceira popular, Katy Varela, esixe a José Tomé “recapacitar e deter” estes traballos...