HomesociedadeCupóns da ONCE dedicados á olería de Gundivós

Cupóns da ONCE dedicados á olería de Gundivós

O pasado 10 de marzo dábase a coñecer esta iniciativa grazas á cal saíron á venda cinco millóns de boletos para o sorteo do 18 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A olería tradicional de Gundivós será protagonista nos cupóns da ONCE do sorteo do vindeiro 18 de marzo no que haberá á venda cinco millóns de boletos. A nova deuse a coñecer o pasado martes na Reitoral de Gundivós coa presenza do Alcalde de Sober, Luis Guitián; quen estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; do director de axencia da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnés; e do alfareiro Elías González, entre outros.

Segundo explicaba o alcalde, a iniciativa partiu da delegación provincial de ONCE, quen propuxo a olería de Gundivós nunha para unha serie denominada “Arte a mano”, na que figuran pezas representativas da artesanía de diferentes comunidades. Os boletos levan tamén o selo da Fundación Artesanía de Galicia.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...