HomesociedadeRematada a rehabilitación da ponte da Áspera en Sarria

Rematada a rehabilitación da ponte da Áspera en Sarria

O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo comprobaron o resultado dos traballos. Posteriormente, Xosé Merelles desprazouse ao Albergue da rede pública de albergues do Xacobeo, Casa Forte de Lusío, en Samos, para clausurar a reunión de coordinación dos socios do programa europeo Ultreia Sudoe, no que Turismo de Galicia participa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, avanzou esta semana no traballo do Goberno da Xunta por seguir mellorando e optimizando os servizos e patrimonio no Camiño Francés. Acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos acometidos por Turismo de Galicia na ponte da Áspera, en Sarria, onde a Xunta vén de investir 50.000 euros na súa rehabilitación.  

Realizouse a rehabilitación da propia edificación para devolvela ao seu estado e fixéronse tarefas de conservación na contorna da ponte. Realizáronse tarefas de limpeza e saneamento dos paramentos exteriores da ponte así como da contorna, tamén se reconstruíu o firme e se realizaron tarefas de canalización de drenaxe.

Sarria constitúe un enclave esencial na xeografía galega e, especificamente, para o Camiño Francés. O 68% das 242.183 persoas que elixiron en 2025 esta ruta escolleron a localidade como punto de partida. Consciente deste interese, desde a Xunta de Galicia destínanse importantes recursos ao mantemento da infraestrutura viaria; entre 2015 e 2025 investíronse preto de 700.000 euros para obras de limpeza, roza e mantemento no Camiño Francés ao seu paso por Sarria, dos que máis de 70.000€ foron no último ano.

Ultreia Sudoe

Merelles clausirou tamén en Samos, a reunión de coordinación dos socios do programa europeo Ultreia Sudoe, no que Turismo de Galicia participa. Este grupo de traballo conta con representación de entidades e institucións territoriais públicas e privadas na área do Camiño Francés (O Cebreiro, Triacastela e Samos). O obxectivo é trasladar a estratexia transnacional definida no programa para a promoción da economía local, co Camiño de Santiago como eixo principal de actividade.

Na parte de dixitalización, trabállase nunha base de datos de información local, coa instalación de sensores de reconto de peregrinos en, entre outras localidades, Triacastela e Sarria. Coa información recadada en 2025 xa se puido comprobar que, por cada persoa que recolle a Compostela, hai 1,65 camiñantes.

Ademais, baixo o proxecto Ultreia Sudoe, Pedrafita do Cebreiro acolle un punto de información ‘Parada no Camiño’, un espazo dedicado á información e á promoción territorial, tanto para a comunidade local como para o coidado das persoas visitantes. Outras localidades que acollen estes espazos son Belorado, en Castilla e León e Liébana, en Cantabria; Vilapouca de Aguiar, en Portugal; e Eauze (Gers, Occitanie) en Francia.

Tamén no marco deste programa, un grupo de persoas con discapacidade xunto a técnicos de Amica, Fundación Camino Lebaniego e da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo realizarán a quinta análise de accesibilidade do proxecto e inclusividade do proxecto Ultreia Sudoe na contorna de O Cebreiro, Samos e Triacastela.

A iniciativa Ultreia Sudoe impulsa a cooperación internacional entre España, Francia e Portugal para mellorar a xestión, accesibilidade e sustentabilidade das rutas xacobeas, con foco no Camiño Francés. O programa conta cun orzamento de 1,4M€ para o período 2024-2026.

Programa europeo Ultreia Sudoe / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...