Homesociedade“Diversidade, autenticidade e carácter", os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros...

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

O chef Kike Piñeiro pasoulle o testemuño de embaixador do aceite de Quiroga a Javier Olleros no transcurso da XXVI Mostra do Aceite de Quiroga, nunha exitosa edición con moito público e un amplo programa de actividades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo embaixador para o seu aceite de oliva, o chef Javier Olleros, protagonista central deste 15 de marzo na XXVI edición da Mostra que o pon en valor.

Sete foron os postos que presentaron os seus aceites ao público este ano, sendo 6 deles do Concello de Quiroga e un do veciño Concello de Ribas de Sil. Ademais, outros postos de artesanía e produtos locais complementaron a oferta comercial para os numerosos visitantes que se achegaron a Quiroga nun día solleiro.

Nesta xornada, houbo tamén a posibilidade de ver a demostración da moenda ao estilo tradicional e moita xente achegouse ao Muíño das Farrapas en Bendilló para vivir a experiencia. O concello puxo autobuses lanzadeira dende o recinto feiral en tres tramos horarios.

Mostra do Aceite Quiroga 2026, Javier Olleros / XMF

Como actividades complementarias salientar tamén as degustacións comentadas que se fixeron moi preto de alí, no Museo Etnográfico, e as demostracións culinarias que fixeron o chef Javier Olleros e dous membros do seu equipo. Concretamente foron 2 elaboracións que puido degustar o público asistente.

E como momento especial do evento, non podía ser outro que o nomeamento do ‘Embaixador do Aceite de Quiroga’. Foi ás 13:30 h. cando o chef Kike Piñeiro, embaixador da edición de 2025, nunha intervención sentida e persoal, fíxolle entrega do título e da responsabilidade de levar o Aceite de Quiroga polo mundo ao chef do Culler de Pau do Grove, Javier Olleros.

Mostra do Aceite Quiroga 2026 / XMF

Da súa intervención, na que aconsellou estar sempre orgullosos das orixes, do rural e da identidade, quedámonos coa parte final, na que se referiu ao ouro verde de Quiroga: “Para min é moi importante estar aquí hoxe. Ser o embaixador levareino con todo o orgullo do mundo, e defendereino con máis orgullo aínda. E porque o meu traballo me permite viaxar moito polo mundo vou levar este aceite para darlle cada vez máis importancia… pero teño claro que a importancia ides darlla vós”. E rematando a súa intervención convidou tamén a todas e todos os presentes a facerlle unha visita no Grove.

PRESENZA DE AUTORIDADES

O Alcalde, José Luis Rivera, estivo acompañado polo equipo de goberno, e tamén por outras autoridades como foron: María José Gómez, Conselleira do Medio Rural; o director da Axencia de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela Gómez; a deputada provincial de Cultura, Iria Castro; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga; e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián.

Mostra do Aceite Quiroga 2026, actuación “Asociación Cultural Peleriños”/ XMF

Os aceites presentes na Mostra do Aceite deste ano. Foto: Tic-Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...