HomesociedadeSiro López ilustra o cartel de Semana Santa de Castro Caldelas

Siro López ilustra o cartel de Semana Santa de Castro Caldelas

"A figura central, un Cristo que emerxe vitorioso do sepulcro, destaca sobre unha vibrante aura amarela que simboliza a divindade", detallan fontes do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Castro Caldelas xa ten imaxe oficial para a súa Semana Santa 2026. O recoñecido ilustrador, Siro López, foi o encargado de dar vida a unha obra “que rompe coa estética barroca tradicional para abrazar unha linguaxe visual máis humana, directa e cargada de esperanza”, din dende o concello.

A diferenza das representacións centradas na dor da Paixón, tan propias da Semana Santa, o cartel de Siro pon o foco na Resurrección. “A figura central, un Cristo que emerxe vitorioso do sepulcro, destaca sobre unha vibrante aura amarela que simboliza a divindade. Esta elección non é casual: a obra rende homenaxe á recente restauración do Cristo barroco do Santuario da localidade, devolvéndolle o seu esplendor baixo unha nova mirada artística”, explican tamén dende o concello. Para completar a descrición, sinalan que “aos pés da figura divina, varios fieis de costas contemplan o milagre, convidando a quen observa o cartel a unirse a esa mirada de fe”.

ESTILO ARTÍSTICO

O estilo empregado polo autor evoca a ilustración editorial e o cómic. Siro emprega liñas claras e cores planas “para conectar emocionalmente co espectador”. O cartel non só é unha peza relixiosa, senón tamén un tributo ao patrimonio local. Entre as nubes e a bruma do fondo, perfílase a inconfundible silueta do Castelo de Castro Caldelas e o santuario da Nosa Señora dos Remedios.

SIRO LÓPEZ

Nado en Ferrol en 1943, Siro foi un debuxante precoz con facilidade para o debuxo desde a infancia. Non tardou en experimentar con todas as técnicas posibles: tinta e pincel, sanguina, carbón, grafito, pluma, pastel ou mesmo técnicas dixitais. Ademais, foi o deseñador da Praza do Humor da Coruña (1990) e o autor do curso de galego Imos aló?, emitido na Televisión de Galicia entre 1989 e 1990.

Ademais, a Xunta de Galicia colaborou este 2026, polo Día da Ilustración, coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración nunha homenaxe a este senlleiro ilustrador.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...