Homesociedade10 obxectivos estratéxicos e 67 medidas no IV Plan de Igualdade do...

10 obxectivos estratéxicos e 67 medidas no IV Plan de Igualdade do Concello de Chantada

O Concello de Chantada segue desenvolvendo unha completa e variada programación para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. Na axenda da actividades era de especial relevancia o acto de presentación do IV Plan de Igualdade e contra a Violencia de Xénero 2026–2030. A seguinte cita da programación será o 28 de marzo coa proxección do filme, La mitad de Ana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concelleira de Igualdade, Pamela Fernández, foi a encargada de presentar o plan na compaña da psicóloga do CIM, Ana Belén Fernández, destacando a uitlidade do documento como compromiso político para garantir dereitos, mellorar a calidade de vida, previr violencias machistas e construír un concello máis xusto

Esta folla de ruta, froito da análise da realidade local e da avaliación do plan anterior, recolle a igualdade como unha maneira de gobernar, “Planificamos con base en datos reais e na experiencia acumulada. Desde aí fixamos obxectivos estratéxicos e medidas concretas para consolidar a igualdade como eixo vertebrador das políticas municipais, desde a organización interna do Concello ata a vida social e comunitaria de Chantada”, explicaba Pamela Fernández.

O plan organízase en 6 grandes áreas estratéxicas que recollen 10 obxectivos estratéxicos, 17 obxectivos operativos e un total de 67 medidas. As áreas estratéxicas son:

  • Gobernar en igualdade: incorporar a perspectiva de xénero na planificación municipal, na xestión, nos orzamentos, nos procedementos e na forma de tomar decisións.
  • Atención integral á violencia de xénero: prevención, coordinación institucional e resposta eficaz, poñendo no centro a seguridade e a recuperación das vítimas.
  • Educación en igualdade e organización social corresponsable e sostible: traballar coas crianzas, a mocidade e a comunidade para transformar roles, previr desigualdades e avanzar na corresponsabilidade.
  • Formación e emprego, empoderamento e participación social das mulleres: apoiar o acceso a oportunidades, fortalecer a autonomía e impulsar a presenza e liderado das mulleres na vida pública.
  • Saúde e benestar: actuar sobre desigualdades que afectan á saúde das mulleres e promover unha visión integral do benestar.
  • Cultura, deporte, turismo e lecer: garantir unha participación igualitaria, combater estereotipos e facer da vida cultural e deportiva un espazo de igualdade.

Con todo, o IV Plan de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Concello de Chantada ten como obxectivos conseguir máis prevención e máis educación en igualdade desde a escola, o deporte ou a cultura; reforzar os recursos e a coordinación para mellorar a resposta fronte á violencia de xénero; máis responsabilidade na repartición das tarefas e dos coidados; máis autonomía e oportunidades para as mulleres no emprego, na formación e na participación social e máis igualdade dentro do propio Concello, integrando a perspectiva de xénero na xestión pública e na toma de decisións.

Unha Comisión de Igualdade, formada por persoal municipal de distintas áreas avaliará periodicamente o avance e cumprimento do Plan. A concelleira de Igualdade destacou que a igualdade non se constrúe só desde unha concellaría, senón conta toda a sociedade no seu conxunto, “Con este Plan damos un paso máis para que Chantada sexa un concello onde vivir sen medo, con igualdade de oportunidades e con dereitos reais; non coma unha aspiración, senón como unha realidade cotiá”. O IV Plan de Igualdade e contra a Violencia de Xénero 2026–2030 do Concello de Chantada pode consultarse na sección de Igualdade da web municipal.

E a programación do 8M segue no Concello de Chantada durante este mes de marzo cos obradoiros de educación afectivo sexual que se desenvolven nos centros de educación secundaria da vila. Xa o sábado, 28 de marzo, o Auditorio Municipal acollerá a proxección do filme, “La mitad de Ana” que trata a identidade de xénero. A cita ás 19:00h con entrada libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

Pamela Fernández e Ana Belén Fernández presentación IV Plan Igualdade Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...