IniciosociedadeC@urel Vivo pide no Parlamento Europeo que o modelo nipón se aplique...

C@urel Vivo pide no Parlamento Europeo que o modelo nipón se aplique á montaña de Lugo

C@urel vivo participou nunha xornada de debate sobre vivenda social, entre deputados e concelleiros de 14 Países da UE, onde demandou un esforzo inversor para a montaña e a rehabilitación de vivendas.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo C@urel Vivo, a zona de montaña en Galicia vive unha situación difícil que se ve agravada polo estado ruinoso e de abandono de casas desde fai décadas. Destacaba, Óscar Carrete, que na montaña de Lugo hai centos de vivendas centenarias, que están en ruinas e “cando desaparezan non quedará nada dese pasado”.

Lembrou que a técnica da pedra seca, tan habitual na construción das vivendas de montaña en Galicia, vén de ser declarada patrimonio inmaterial da Unesco, pero que “esa declaración non vale de nada se estas vivendas caen pedazos por falta de inversión.”

C@urel Vivo aposta por rehabilitar estas vivendas e darlles un uso social, para comezar a acabar co desequilibrio territorial entre a costa e o interior de Galicia. “As zonas de montaña precisan inversións para revivir un rural que está esmorecendo e desde a UE pódense limitar estes desequilibrios, financiando rehabilitacións en concellos deprimidos co obxectivo de fixar poboación.”

Segundo C@urel Vivo, Xapón ten moitas similitudes con Galicia e o país nipón está facendo un esforzo por invertir a situación e que a xente regrese ao rural “e estano conseguindo. Teñen programas para atraer á xente nova ao rutal e axudas para que regrese a xente que marchou. Rehabilitan casas baleiras e alúganas a prezos simbólicos por períodos de 10 ou 20 anos.”

A propia rehabilitación de vivendas xeraría postos de traballo, apuntan desde C@urel Vivo, que rematou pedindo no Parlamento que se promovan “proxectos pilotos similares aos de Xapón, nos Ancares e Courel, para que dentro dunhas décadas non sexan só historia.”

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...