HomesociedadeMonforte inicia o procedemento para a redacción dun novo PXOM

Monforte inicia o procedemento para a redacción dun novo PXOM

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este ventes o inicio do procedemento para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, que marcará “un antes e un despois no futuro de Monforte”, apuntou.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na incorporación de remanentes que o Equipo de Goberno levará ao pleno do vindeiro 30 de marzo, irá unha partida orzamentaria destinada á primeira anualidade dos traballos de redacción do Plan Xeral, por un importe de 150.000€. “Orzamentar o custe dos traballos técnicos é o primeiro paso para elaborar o PXOM, xunto con voa vontade decidida de levalo a cabo”, indicou Tomé.

Neste senso, recordou o feito polos gobernos anteriores con dous Plans Xerais que supuxeron un custe de 502.353,50 euros, “o plan contratado en 2003 polo ex alcalde, Nazario Pin que foi paralizado en 2006 polo entón rexedor Severino Rodríguez sen que se resolvesen as alegacións, e o contratado por este último en 2008 e retirado en 2013 tamén en fase de alegacións“.

En relación cos obxectivos do novo Plan Xeral, o alcalde destacou a adecuación das actuais normas urbanísticas á legalidade vixente e indicou que recollerá a evolución da cidade e do medio rural nas últimas catro décadas. “O PXOM deseñará a cidade e os núcleos rurais do futuro, proxectará un crecemento armonizado de Monforte e ordenará a potencialidade industrial do noso Concello para seguir medrando en poboación, social e económicamente”, indicou.

O rexedor recalcou que para a elaboración do PXOM “fai falta a colaboración de todos os monfortinos e monfortinas, poñendo o interese xeral por enriba dos lexítimos intereses particulares, e tamén é fundamental a colaboración das administracións públicas que terán que emitir informes sectoriais antes de chegar á fase de aprobación definitiva”.

Custes e prazos

Tralas consultas realizadas a distintas empresas especializadas na elaboración de Plans Xerais para Concellos, o resumo medio de custes e de prazos para a cartografía e redacción do PXOM de Monforte, tendo en conta o que establece a Lei do Solo de Galicia, particularmente no seu artigo 60, sería aproximadamente de 859.100€ cunha duración total de 66 meses e seis fases de execución:

  • FASE 1: Elaboración de cartografía válida para o planeamento de todo o territorio municipal, incluíndo áreas rurais e urbanizadas. Duración: 6 meses. Importe parcial: 90.000 € [IVE non incluído]
  • FASE 2: Elaboración de Borrador e Documento Inicial Estratéxico [DIE]. Duración: 12 meses. Importe parcial: 155.000 € [IVE non incluído]
  • FASE 3: Elaboración de Documento para Aprobación Inicial Duración: 12 meses. Importe parcial: 155.000 € [IVE non incluído]
  • FASE 4: Elaboración de Estudio Ambiental Estratéxico [EAE] e Proposta do Plan. Duración: 18 meses. Importe parcial: 155.000 € [IVE non incluído]
  • FASE 5: Elaboración de Documento para Aprobación Provisional. Duración: 6 meses. Importe parcial: 46.500 € [IVE non incluído]
  • FASE 6: Elaboración de Documento para Aprobación Definitiva. Duración: 12 meses. Importe parcial: 108.500 € [IVE non incluído]

Así, o rexedor confirmou que nos próximos días comezaranse a redactar as bases técnicas e administrativas baseadas nas prescricións técnicas aprobadas pola Xunta de Galicia “para licitar o concurso aberto polo importe de 859.100 euros,  distribuídos en 6 fases e 6 anualidades, para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...