HomesociedadeMáis de 1400 alegacións ao estudo de impacto ambiental do proxecto eólico...

Máis de 1400 alegacións ao estudo de impacto ambiental do proxecto eólico Ferroedo

Pacto Fronte Eólicos informa do máis do milleiro de alegacións presentadas contra o informe de impacto ambiental do proxecto eólico Ferroedo proxectado nos municipios do Saviñao e Bóveda, unido ao que xa se freou no 2024 no Neboreiro e que afectaba a Bóveda, O Saviñao, Monforte de Lemos e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as principais alegacións, erros ou omisións no devandito proxecto, Pacto fronte eólicos destaca que son municipios pertenencentes á Ribeira Sacra, candidata este ano para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, que é reserva protexida da Biosfera e zona de Ben de Interese Comnún, ademais de pertencer a Rede Natura 2000.

Alégase tamén que o proxecto omite as zonas de abastecemento de auga protexidas (Retorta e Sobredo) e que se proxectan instalacións sen distancias mínimas requiridas para instalacións gandeiras ou o río Sardiñeira. Aínda que no proxecto non aparecen as instalacións de baterías de acumulación (elemento principal litio) “si se están ofrecendo nos contratos a propietarios privados e zonas de monte común”. Denuncian que nos concellos de Bóveda e O Saviñao, non houbo transparencia para facilitar información aos veciños/as que se quixeron interesar.

Alegan que as medicións de ruído e temperaturas medias publicadas no devandito proxecto non se corresponden a datos oficiais e inclúen a lei de amparo de persoas con dificultades sensoriais ou outras de carácter psíquico “que se verían prexudicadas polos zumbidos constantes que provocan os aeroxeradores, o efecto sombra e outros moitos que afectan á saúde mental, non só de persoas no futuro, senón de persoas que necesitan maior amparo debido a esas condicións especiais e que se terían que valorar para o benestar xeral da poboación. Insisten en que hai especies en perigo de extinción na zona que teñen protección (aguilucho pálido) e turbas que depuran de modo natural a auga, e que se omitiron no informe de impacto ambiental do proxecto Ferroedo.

A plataforma agradece o apoio de asociacións veciñais de parroquias de todos os concellos, da Asociación Veciñal O Saviñao, de Adegas da Ribeira Sacra e a todas as persoas da agrupación e outras sensibles a esta situación que se han sumando para que teña tal rexeitamento a implantación do devandito proxecto.

ÚLTIMAS

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...

Os Lactouros presumen de ‘navalla micolóxica personalizada’

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de presentar unha edición especial de navallas micolóxicas...