Homesociedade O Edificio Multiusos acolleu a graduación do alumnado de FP do IES...

 O Edificio Multiusos acolleu a graduación do alumnado de FP do IES A Pinguela 2024/2026

Foi o pasado venres 20 de marzo pola tarde. O encargado de apadriñar esta promoción foi o exalumno Jesús Ledo Cores, Premio Extraordinario de Formación Profesional 2025 da familia profesional de Administración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela vén de celebrar o acto de graduación do seu alumnado de Formación Profesional 2024/2026. O acto tivo lugar no edificio multiusos de Monforte onde se lle brindou unha merecida homenaxe a todas e todos polo esforzo realizado nos dous últimos cursos do ciclo formativo no centro: Ciclos Superiores de Administración e Finanzas (ordinario e dual intensivo), Asistencia á Dirección, Desenvolvemento de Aplicacións Web, Estilismo e Dirección de Peiteado. Ciclos Medios de Xestión Administrativa, Peiteado e complementos de Moda, Estética e Beleza. Así como tamén, Sistemas Microinformáticos e Redes, Confección e Moda, Calzado e Complementos de Moda e FP Básica de Servizos Administrativos.

Aspecto do patio de butacas do Edificio Multiusos. Foto: IES A Pinguela.
PADRIÑO DO EVENTO

A dirección do centro convidou a apadriñar a promoción homenaxeada ao exalumno Jesús Ledo Cores, Premio Extraordinario de Formación Profesional 2025 da familia profesional de Administración. Houbo intervencións de profesores, alumnos de todas as familias profesionais e do propio director do centro, Enrique Sampil. A parte musical chegou da man das profesoras de Imaxe Persoal Celsa e Azucena, que interpretaron un emotivo tema composto por elas para a ocasión.

Intervención do convidado de honra. Foto: IES A Pinguela.
Intervención musical de Celsa e Azucena. Foto: IES A Pinguela.
Intervención do Director, Enrique Sampil. Foto: IES A Pinguela.

Ao rematar o acto no Edificio Multiusos, e como é tradicional, houbo unha cea de confraternidade nun restaurante local.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...