HomesociedadeLáncara máis preto dunha nova estación de auga potable

Láncara máis preto dunha nova estación de auga potable

O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, presentou á Xunta de Galicia o proxecto da nova estación de auga potable para o que acadou a unanimidade da corporación municipal, mentres o PP municipal reúnese co delegado territorial.

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto hidráulico do concello de Láncara ascende a 1 millón de euros para dotar dunha potabilizadora ás parroquias de Toirán, Trasliste, Vilaleo, Vilarello, Neira de Cabaleiros, San Xoán de Muro e Bande, que na actualidade non contan con abastecemento municipal.

Darío Piñeiro explica a resposta da Xunta, “A súa resposta foi que van a estudar detalladamente a proposta e valorar a posibilidade de colaborar. Dende o Concello agardamos que o goberno galego cumpra cos lancareses e financie esta infraestrutura que beneficiará a máis de 1.800 veciños”.

O Alcalde socialista acadou o compromiso de Augas de Galicia para mellorar as traídas de auga das parroquias de Piñeiroa e Vilasteve. Son actuacións por valor de 60.000 euros.

Avanza o proxecto da senda peonil

Finalizou o proceso de información pública e agora técnicos da Consellería de Infraestruturas supervisan o proxecto para poder sacalo a licitación, segundo informou o delegado territorial da Xunta ao voceiro popular en Láncara, Santiago Cubillas.

O proxecto, que ascende a 600.000 euros, inclúe a mellora do firme da actual estrada (LU-621), a construción dunha glorieta en substitución do cruce existente e a execución dunha senda de nova creación, de medio quilómetro de lonxitude, dirixida ao tráfico peonil e ciclista. Ademais está proxectada a ampliación da actual ponte fluvial para acoller esta nova vía.

O novo itinerario peonil e ciclista arrancará do punto no que rematan as beirarrúas da Pobra de San Xiao, terá dous metros de anchura e estará construída con formigón ata o encontro coa ponte. Para darlle continuidade, construirase unha pasarela sobre o río ampliando a plataforma do viaduto con lousa de formigón.

O proxecto inclúe tamén a mellora do trazado da actual estradae obras de mellora da iluminación da senda, reforzo da sinalización horizontal e vertical, colocación de pasamáns e proteccións peonís, entre outras.

Xuntanza PP Láncara / Delegación Territorial

 Reforma integral CPI Ramón Piñeiro

Por outra banda, no encontro, tamén se confirmou que a Xunta ten rematado o proxecto técnico para a remodelación integral e mellora de eficiencia enerxética do CPI Ramón Piñeiro. A Xunta reserva un investimento superioraos 676.000 euros, para esta obra que se executará durante o verán. Nestes días teñen lugar as mesas de contratación que determinarán a empresa encargada dos traballos.

 

ÚLTIMAS

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...

Festa da ‘Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque’ en Quiroga

Este sábado día 24 de maio a Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque...

O CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

Este martes pola mañá o alumnado do CEIP A Gándara comezou a utlizar a...