HomesociedadeAbraham Cupeiro ofrecerá un concerto único na Igrexa de Santa María de...

Abraham Cupeiro ofrecerá un concerto único na Igrexa de Santa María de Vilabade, en Castroverde

A interpretación do músico sarriao, específica para este espazo patrimonial, será esta fin de semana, 28 e 29 de marzo, e levará o título de “Ao son de Santa María de Vilabade”.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Trátase dun concerto concibida como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda e creado especificamente para este espazo patrimonial. O proxecto explora a acústica do lugar e o diálogo entre instrumentos históricos e música de cámara presentándose como unha experiencia próxima e experimental que conecta música, arquitectura e territorio. “Hai dous ou tres anos fixen alí un concerto e quedoume na cabeza a idea de volver con máis músicos”, di Cupeiro ao tempo que comenta que é moi importante facer este tipo de cousas para levar xente ao rural. A igrexa ten un aforo de 200 persoas e as entradas están á venda en ataquilla.com 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...