HomesociedadeEn maio remata a renovación da Praza da Estación de Monforte na...

En maio remata a renovación da Praza da Estación de Monforte na que ADIF inviste 2M€

Este proxecto, que supón a remodelación integral da praza e unha mellora moi significativa da accesibilidade da que se beneficiarán os usuarios da Estación de tren e os veciños, é froito das xestións levadas a cabo polo alcalde, José Tomé co ADIF.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, José Tomé Roca, supervisou este venres as obras de renovación integral da Praza da Estación que está executando ADIF. O rexedor, acompañado polo Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, comprobou xunto co responsable da empresa adxudicataria o estado dos traballos que veñen de centrarse no asfaltado da praza.

As actuacións de mellora, que teñen un orzamento de 2M€, consisten na renovación dos pavimentos e beirarrúas, construción de novas medianas axardinadas incluíndo a glorieta Pablo Iglesias, reforzo e renovación da iluminación, rede de saneamento separativa exterior na zona da praza, equipamento e señalética. Comprobado o avance e bo ritmo dos traballos, o alcalde sinalou que a remodelación da praza estará rematada nesta primavera, arredor do mes de maio: “Hoxe mesmo acabarán co asfaltado e resta completar una parte das beirarrúas e o pintado da sinalización”.

O proxecto contempla o tratamento xeral da praza delimitando a zona de paso de peóns e organizando a circulación de vehículos e prazas de aparcamento. Inclúese un punto de recarga de vehículos eléctricos e unha zona de paradas rápidas (kiss & ride) e renovarase a iluminación. Estas obras son independentes das que tamén executa o ADIF no conxunto da Estación do tren e que supoñen importantes melloras tanto no edificio como nas plataformas das vías.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...