HomesociedadeAlumnado de 5º de primaria do Colexio Novo visita a Casa do...

Alumnado de 5º de primaria do Colexio Novo visita a Casa do Concello en Monforte

O Alcalde, José Tomé, acompañounos por diferentes estancias e departamentos explicando as funcións que desempeñan cada un deles. As rapazas e os rapaces tamén visitaron as dependencias da Policía Local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os escolares de 5º curso de Educación Primaria do CEIP Monforte –Colexio Novo–, tiveron a oportunidade de coñecer o pasado 25 de marzo as instalacións municipais e o Salón de Plenos da Casa do Concello monfortina. Alí foron recibidos polo rexedor quen lles explicou o funcionamento e composición do Concello como administración máis próxima aos cidadáns. José Tomé explicou tamén o traballo que desenvolve o persoal funcionario e as funcións dos distintos departamentos, e respondeu ás preguntas e dúbidas do alumnado.

Os escolares coñeceron de primeira man os proxectos nos que traballa o Equipo de Goberno e visitaron as instalacións da Alcaldía, incluído o despacho do Alcalde. Aproveitando a visita, achegáronse ás dependencias da Policía Local onde os axentes amosáronlle as instalacións e os vehículos policiais.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...