Homesociedade3.200 € en compras e unha 'Experiencia Ferrari', dous atractivos premios que...

3.200 € en compras e unha ‘Experiencia Ferrari’, dous atractivos premios que ofrece o ‘Rally do Comercio’ do CCU de Monforte

Ademais, súmase outro terceiro premio de 200 euros en 4 vales de 50 euros para gastar nos establecementos participantes na campaña que comezou este 1 de abril e que se estenderá ata o día 23.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte pon en marcha unha nova edición do Rally do Comercio, unha campaña xa consolidada na cidade e que este ano chega con máis premios e máis facilidades de participación.

A edición de 2026 presenta varias novidades, unha delas é que haberá tres premios para tres persoas diferentes. Ao gran premio de 3.200 euros en compras gratuítas, que volverá ser o gran protagonista da campaña, súmanse nesta ocasión 200 euros en 4 vales de 50 euros para gastar nos establecementos participantes e unha ‘Experiencia Ferrari‘ que permitirá á persoa agraciada poñerse ao volante dun Ferrari F430 F1 en Monforte de Lemos.

A outra novidade é que só será necesario estar presente no sorteo para optar ao premio principal de 3.200 euros. “Para optar aos outros premios non será preciso acudir á Praza de España, o que elimina unha das principais barreiras que podía frear a participación dalgunhas persoas”, subliñan dende o CCU.

DURACIÓN DA CAMPAÑA E PARTICIPACIÓN

A campaña desenvolverase entre o 1 e o 23 de abril, período durante o cal as persoas que realicen compras nos 32 establecementos participantes (identificados coa cartelería do evento e coas súas correspondentes bandeiras do CCU), poderán entrar no sorteo anotando no seu ticket de compra os seguintes datos persoais: nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto, e depositándoo nas urnas habilitadas para ese fin. O sorteo celebrarase o xoves 23 de abril ás 20.40 horas na Praza de España de Monforte de Lemos.

OS TRES PREMIOS EN XOGO

A persoa gañadora do premio principal de 3.200 euros será a que teña que realizar un auténtico ‘Rally do comercio’ para facer efectivo o mesmo segundo se establece nas bases do concurso. O venres 24 de abril terá 7 horas para gastar eses 3.200 euros, e terá que facelo a razón de 100 euros en cada un dos 32 establecementos participantes.

Ademais do premio devandito, o segundo premio ofrece a posibilidade de vivir unha Experiencia Ferrari en Monforte, prevista para o sábado 16 de maio; mentres que o terceiro premio consistirá en 200 euros en vales regalo, repartidos en 4 vales de 50 euros, para gastar nos negocios participantes ata o 9 de maio.

Ángel Folgueira, xerente do CCU de Monforte, subliña que “esta edición busca multiplicar o interese da campaña, premiar a máis persoas e seguir dinamizando as compras no comercio local asociado cunha proposta vistosa, ilusionante e con capacidade para xerar conversación na rúa. A combinación dun gran premio cunha experiencia tan rechamante, xunto con outro novo premio económico e non presencial, fai que a campaña estea chamada a captar atención tanto entre a clientela habitual como entre novo público”.

Rally do Comercio 2026 reforza así a súa posición como unha das campañas máis potentes do comercio local monfortino, cun formato que mestura promoción, espectáculo, fidelización e capacidade de convocatoria. A campaña conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...