A xornada terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e vai dirixida a coidadoras profesionais (traballadoras de axuda a domicilio, centros de día, residencias de anciáns, persoal sanitario, etc), a profesionais de atención a persoas en situación de vulnerabilidade, e a persoas con obrigas familiares ao seu cargo en xeral.
Para facer que este encontro e experiencia compartida das persoas coidadoras sexa de utilidade, amena e atractiva preséntase cun programa diverso de actividades que contemplan un espazo para o debate, obradoiros, unha visita cultural, unha actividade de lecer con moito humor e unha cata-degustación.
Programa Coidar a quen Coida
- 10:00 a 10:15 h Recepción e benvida.
- 10:15 a 11:45 h. Mesa redonda e debate: “O esgotamento do coidador (Síndrome de Burnout). Modera: Xosé Manuel Fernández, Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Quiroga. Interveñen: Galia Fernández García. Traballadora Social e coordinadora Attende Care S.L.; Ana de la Torre Alvaredo. Traballadora Social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Sober; Esther Mariño Casanova. Psicóloga do CIM de Quiroga; Eva Rodríguez Macía. Médica de familia no Centro de Saúde de Quiroga; Miluska Apolinaria Barreto Mayon. Coidadora profesional.
- 11:45 a 12:00 h. Pausa café.
- 12:00 a 14:00 h. Obradoiros: “Círculo de benestar”, impartido por Paula Santos; e “Viaxe interior”, impartido por Teresa Taboada.
- 14:00 a 16:00 h. Pausa comida.
- 16:00 a 17:00 h. Visita cultural.
- 17:15 a 18:30 h. Rir tamén é coidarse: “O poder terapéutico do humor”. Impro teatral ‘Coidado coa risa” con Antía Vidal, Antía Costas e Marta Doviro.
- 18:30 a 20:00 h. Cata de viños e degustación de produtos da zona.
- 20:00 h. Despedida.
O Concello de Quiroga convida ás persoas coidadoras a asistir a estas xornadas esperando que o éxito das mesmas fagan posible que teña continuidade no futuro. Prégase que quen teña interese contacte enviando un correo electrónico aos enderezos departamento-ss.quiroga@eidolocal.escimquiroga@eidolocal.es para solicitar e encher a correspondente folla de inscrición.

