HomesociedadeChantada mellora camiños rurais cun investimento de 840.000€ e recupera o paseo...

Chantada mellora camiños rurais cun investimento de 840.000€ e recupera o paseo fluvial despois dos danos do temporal

O concello de Chantada anuncia o comezo de dúas importantes obras que darán solución aos danos provocados polo temporal de finais de xaneiro deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por unha banda a Confederación Hidrográfica Miño Sil actuará no paseo fluvial do río Asma onde se produciu o derrubamento do terreo, e na contorna da Piscina Climatizada.

“Estamos moi satisfeitos coa CHMS porque atendeu as nosas demandas e vai facer estas obras para solucionar os danos do temporal. Será un investimento importante para recuperar todo o paseo fluvial, as obras comezarán nos próximos días e remataranse no prazo de 3 meses”, asegura o alcalde do concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

O temporal de finais de xaneiro tamén provocou afundimentos na rúa Xoán XXIII. Neste caso será o concello de Chantada o que execute as obras que comezarán nesta semana. Antes de preparar a rúa de novo botándolle formigón substituiranse as tubaxes que dan saída ao río de parte do caudal que vén por esta rúa.

Ademais destas actuacións no centro da vila, o Concello de Chantada avanza na mellora de diferentes camiños rurais. Están xa executadas as melloras da estrada Regoufe-O Vilar e A Lagoa-Oulleiro e están adxudicadas as obras Centulle-O Seixo, Lamela-Andemil, Garabelos-Sampaio, acceso a Araulfe e outro vial no barrio de Marín. Tamén se mellorarán camiños en Carballizos, Riazón, Lucenza e Vilanova. Nestas pistas faise a limpeza de cunetas e posteriormente botaráselles aglomerado en quente, actuando nun total de 13 quilómetros. As actuacións contan cun orzamento de 840.000€ co que colaboran outras administracións.

“Facemos aglomerados en quente todos os anos e o que queremos é facer investimentos naquelas zonas onde as pistas están máis danadas. Por exemplo, en Garabelos, Paderne e Muradelle hai tráfico de maquinaria pesada polas explotacións gandeiras e queremos que quede perfecta toda esa zona, e así imos seguir ao longo do ano mellorando as nosas vías de comunicación”, destaca o alcalde.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...