HomesociedadeO CIM Móbil da Xunta chega o día 23 á Pobra do...

O CIM Móbil da Xunta chega o día 23 á Pobra do Brollón

Estará de 10:00 a 13:00 horas diante da Casa do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CIM Móbil que pasará pola Pobra do Brollón ofrecerá información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres. O servizo está dirixido a mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva formando parte dun grupo ou asociación de mulleres; e tamén a calquera persoa en xeral, en asuntos relacionados coa información, a atención e a prevención da violencia de xénero.

O servizo CIMs Móbiles que promove a Xunta de Galicia é un recurso especializado para prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico, de forma ambulatoria, en materia de violencia contra as mulleres, naqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM). 

O seu funcionamento é itinerante e préstase mediante catro vehículos que se desprazan por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, dotados co correspondente equipamento técnico e humano.

GRUPOS PRIORITARIOS DE ATENCIÓN

Mulleres vítimas de violencia de xénero, así como as fillas e fillos e as persoas menores ou maiores dependentes delas, coa intención de reducir o impacto negativo que produce a situación de violencia nestas persoas.

Mulleres pertencentes a colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social; e persoas LGTBI, as súas familias e persoas achegadas.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...