HomeMovementos sociaisActo público o 19 de abril para explicar o proxecto e consecuencias...

Acto público o 19 de abril para explicar o proxecto e consecuencias da nova ponte do Malecón en Monforte

A plataforma cidadá Salvemos O Malecón convoca á veciñanza de Monforte de Lemos a un acto público informativo o próximo domingo, 19 de abril, ás 13:00 horas na Praza de España, co obxectivo de ofrecer información rigorosa e detallada sobre o proxecto de construción dunha nova ponte no Malecón e as súas consecuencias urbanísticas, paisaxísticas e ambientais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Así na xornada do 19 de abril, o encontro contará coa participación de Plácido Lizancos, arquitecto e docente na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, quen presentará o acto e achegará unha visión técnica sobre o impacto que este tipo de infraestruturas poden ter en espazos urbanos de alto valor paisaxístico.

Tamén intervirá Luis Jarque, arquitecto autor das infografías feitas a partires do proxecto que se darán a coñecer durante o evento, nas que se amosa de forma comparativa o estado actual do Malecón e o escenario resultante no caso de executarse o proxecto municipal. Estas recreacións buscan facilitar unha comprensión visual e accesible das dimensións reais da intervención prevista.

Segundo a plataforma, o obxectivo do acto é explicar a base técnica, o alcance do proxecto e o impacto que suporía para unha das zonas máis emblemáticas de Monforte, tanto polo seu valor paisaxístico como polo seu carácter ambiental e social como espazo de paseo e encontro cidadán. “Queremos que a cidadanía coñeza os datos e as dimensións reais do proxecto. Falamos dun espazo
singular do río Cabe e dun dos lugares máis apreciados pola veciñanza. Entendemos que unha intervención desta magnitude debe ser coñecida e debatida publicamente”, aseguran.

Os convocantes fan un chamamento aberto á participación da cidadanía, colectivos sociais e asociacións locais, así como aos grupos políticos da corporación municipal, “invitamos aos representantes dos grupos da oposición BNG, Esperta Monforte e PP, cos que dialogamos dende o primeiro momento e aos que lles agradecemos profundamente a súa colaboración, así como os representantes do PSOE, a asistir ao acto e escoitar a información técnica que se presentará”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...