HomesociedadeSae a licitación por 117.582€, o contrato para o recinto do Festival...

Sae a licitación por 117.582€, o contrato para o recinto do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Tralo éxito da XXII Feira Medieval de Monforte, o Concello de Monforte empeza a organizar xa o seguinte gran evento do calendario festivo municipal, o Festival do Viño do Viño da Ribeira Sacra 2026, que celebrará a súa oitava edición os vindeiros días 3, 4 e 5 de xullo, no Paseo do Malecón, á beira do río Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mesmo luns, 13 de abril, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do contrato para o subministración en réxime de alugueiro das estruturas e elementos necesarios para o desenvolvemento do Festival, que sae a concurso público por un valor estimado de 117.581,75€, ive engadido. O anuncio de licitación publicouse este luns e o prazo para a presentación de ofertas estará aberto ata o día 28 de abril.

O alcalde, José Tomé Roca, apunta que o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos “é un evento totalmente consolidado no calendario enogastronómico galego e unha cita de referencia para a promoción dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra”. O certame conta con participación de ata 30 adegas integradas na e 12 postos de gastronomía local, e compleméntase cun amplo programa de actividades culturais, musicais, catas profesionais e obradoiros infantís de acceso gratuíto.

Deste xeito, o contrato que sae a licitación comprende a totalidade dos traballos necesarios para dotar ao Festival dunha infraestrutura completa, funcional e de calidade. Concretamente, inclúe o deseño da imaxe gráfica, o mobiliario, o subministración e montaxe de estruturas tanto de titularidade municipal como outras necesarias para a celebración (postos de adegas, gastronomía, zonas de recepción, palco, pórtico e zona infantil), as instalacións eléctricas e de fontanería; o subministación de aseos portátiles, e a xestión loxística da montaxe e desmontaxe. Os materiais que non son estruturas propiedade do Concello entréganse en réxime de alugueiro, agás os elementos gráficos (vinilos, lonas e sinalización impresa), que pasarán a ser propiedade do Concello ao remate do evento.

A estética da instalación mantén a liña da pasada edición, madeira en cor natural, cores violetas e elementos máis contemporáneos como son as teas microperforadas personalizadas en estruturas e pequenos xardíns verticais que o converte nun Festival de elite dentro dos eventos do viño. O recinto contará zona de sombreado e tótems informativos co programa de actividades para que o visitante poida pasear comodamente polos stands e seguir o programa de actos. Áreas diferenciadas do Festival do Viño:

  • Zona de adegas: 30 adegas participantes en 15 stands dobres.
  • Zona de gastronomía: 12 stands de operadores gastronómicos locais e comarcais.
  • Zona de recepcións e imaxe institucional: Recepción 1 (atención ao visitante e prensa) e Recepción 2 con Sala de Catas.
  • Palco inaugural e escenario de actuacións.
  • Pórtico de entrada, photocall e sinaléctica.
  • Zona infantil con obradoiros e actividades.
  • Zona de servizos: lavado de copas, aseos portátiles e almacéns.

Tal e como explica o alcalde, “o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte ten como gran protagonista o viño da Ribeira Sacra, pero con actividades dirixidas a todos os públicos nun entorno natural e apracible como é á beira do Río Cabe, no Paseo do Malecón”. Un evento “imprescindible –engade-, non só no sur da provincia de Lugo, senón  tamén en toda Galicia, e fora das nosas fronteiras, ademais dunha oportunidade para descubrir e sentir Monforte e a Ribeira Sacra a través da súa paisaxe, das súas tradicións, da súa gastronomía e, por suposto, do viño”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...