HomesociedadeConta atrás para optar a 3 grandes premios dun atractivo 'Rally do...

Conta atrás para optar a 3 grandes premios dun atractivo ‘Rally do Comercio 2026’

Ao gran premio de 3.200 euros en compras gratuítas, que volve ser o gran protagonista da campaña, súmanse nesta ocasión 200 euros en 4 vales de 50 euros para gastar nos establecementos participantes e unha Experiencia Ferrari.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte anima a comprar nos establecementos locais ata o 23 deste mes de abril para apurar tamén as posibilidades de premios que ofrece este ano o Rally do Comercio cunha novidade moi destacada: hai tres premios para tres persoas diferentes. Ao gran premio de 3.200 euros en compras gratuítas, que volve ser o gran protagonista da campaña, súmanse nesta ocasión 200 euros en 4 vales de 50 euros para gastar nos establecementos participantes e unha Experiencia Ferrari que permitirá á persoa agraciada poñerse ao volante dun Ferrari F430 F1 en Monforte de Lemos.

Con este novo formato, o Rally do Comercio non só amplía os premios, senón que tamén facilita a participación. E é que nesta edición só será necesario estar presente no sorteo para optar ao premio principal de 3.200 euros. “No caso dos outros dous premios, non será preciso acudir á Praza de España, o que elimina unha das principais barreiras que podía frear a participación dalgunhas persoas”, explican dende a organización.

A campaña empezou o día 1 e desenvolvese ata o 23 de abril, período no que aquelas persoas que realicen compras nos 32 establecementos participantes, perfectamente identificados coa cartelería do evento e coas súas correspondentes bandeiras do CCU, poden entrar no sorteo anotando no seu ticket de compra o nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto e depositándoo nas urnas habilitadas para ese fin.

O sorteo celebrarase o xoves 23 de abril ás 20:40 horas na Praza de España de Monforte de Lemos aínda que o momento de maior emoción será o día seguinte cando se realice o verdadeiro Rally de compras. A persoa gañadora do premio principal terá 7 horas para gastar os 3.200 euros, a razón de 100 euros en cada un dos 32 establecementos participantes.

OUTROS PREMIOS

segundo premio será unha Experiencia Ferrari en Monforte, prevista para realizar o sábado 16 de maio, mentres que o terceiro premio consistirá en 200 euros en vales regalo, repartidos en 4 vales de 50 euros, para gastar nos negocios participantes ata o 9 de maio.

Ángel Folgueira, xerente do CCU de Monforte, subliña que “esta edición busca multiplicar o interese da campaña, premiar a máis persoas e seguir dinamizando as compras no comercio local asociado cunha proposta vistosa, ilusionante e con capacidade para xerar conversación na rúa. A combinación dun gran premio cunha experiencia tan rechamante, xunto con outro novo premio económico e non presencial, fai que a campaña estea chamada a captar atención tanto entre a clientela habitual como entre novo público”.

A campaña conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....