HomesociedadeA Deputación comeza o reforzo dun muro na LU-P-1801 entre Os Peares...

A Deputación comeza o reforzo dun muro na LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo iniciou esta semana os traballos de emerxencia para reforzar un muro de sostemento situado á altura do quilómetro 15 na estrada LU-P-1801, que é a vía que comunica Os Peares e Chantada, ao seu paso pola parroquia de Nogueira de Miño

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións, que están sendo executadas pola empresa Xermolo S.A,  teñen un prazo de execución previsto de catro meses e inclúen a realización dun estudo xeotécnico do terreo e o posterior reforzo da estrutura mediante micropilotes e ancoraxes, co obxectivo de estabilizar o muro e restablecer as condicións de seguridade da vía.

A intervención foi declarada de emerxencia tras constatarse unha situación de inestabilidade nun treito de aproximadamente 35 metros, derivada da aparición dunha fenda na calzada que afecta a este punto da infraestrutura.

Desde a detección da incidencia, o tramo permanece pechado ao tráfico. Trátase dunha obra complexa por ser unha zona de especiais condicións xeotécnicas e pola súa proximidade ao leito do río Miño, nun contorno de viñedos con actividade agrícola e tráfico local.

O orzamento para estes traballos supera os 330.000 euros e enmárcase nas intervencións urxentes da Deputación de Lugo para garantir a conservación e seguridade da rede viaria provincial.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....