HomesociedadeMáis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

Os obradoiros, cunha duración total de 20 horas presenciais, desenvolvéronse en diversas xornadas entre os meses de novembro de 2025 e febreiro de 2026 nos locais sociais das parroquias de Ribasaltas, Sindrán, Gullade, Bascós, Piñeira, Distriz, Seoane e A Penela, e contaron coa asistencia de máis de 80 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do ámbito rural mediante a aprendizaxe de accións como a firma dixital, o funcionamento de  Ch@ve 365, o uso da aplicación do Sergas, da sede electrónica, o teléfono móbil, e mesmo as finanzas online coa utilización do bizum e a banca electrónica.

Estas accións formativas nas parroquias enmárcanse no programa ‘E para dixitalizarse Lugo’ que promove a Deputación de Lugo en colaboración cos Concellos. Monforte adheriuse a esta iniciativa coa proposta de accións formativas dirixidas específicamente a capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á poboación do ámbito rural.

Os obradoiros de carácter presencial e gratuíto e desenvolvéronse en diversas xornadas entre os meses de novembro de 2025 e febreiro de 2026 nos locais sociais das parroquias. Diríxense a persoas maiores ou en situación de desemprego, xente moza e mulleres do rural, aínda que están abertos a todas as idades e colectivos. O obxectivo, e ofrecer orientación e formación para facilitar a aprendizaxe das TIC como ferramenta de mellora da súa vida cotiá.

O alcalde, José Tomé, felicitou aos asistentes pola súa participación nos cursos e animou a toda a veciñanza, e especialmente ás persoas maiores, a “perderlle o medo ás tecnoloxías, aproveitar as vantaxes que ofrecen e facer un bo uso delas”. Ademais do diploma de participación nas accións formativas, as persoas asistentes ao acto recibiron como agasallo un reloxo dixital e un bolígrafo.

Formacións

  • Firma dixital /Ch@ve 365 / Certificados varios Aplicacións do Sergas, Facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica. Impartido nas parroquias de Ribasaltas e Sindrán, cunha formación total de 20 horas. Aprender dun xeito sinxelo e práctico, a desenvolverse no contorno dixital das administracións públicas. Utilizar a firma dixital, o sistema Ch@ve 365 e diferentes certificados electrónicos, ferramentas clave para realizar xestións sen necesidade de desprazamentos. Aplicacións útiles no día a día, como as apps do Sergas para citas médicas, a sede electrónica da Axencia Tributaria para trámites con Facenda, así como os portais en liña da Xunta de Galicia, Deputación e Concellos.
  • O teléfono móbil, primeiros pasos. Impartido en Gullade, Bascós, Piñeira, Distriz e Seoane. Con 20 horas presenciais, trata de familiarizar co uso básico do teléfono móbil, aprendendo dun xeito sinxelo e práctico a manexar as súas funcións esenciais. Configurar o dispositivo, a utilizar aplicacións de uso cotián como a mensaxería instantánea, as redes sociais ou os mapas, e a aplicar medidas de seguridade básicas para un manexo responsable.
  • Finanzas online, Bizum, banca electrónica. Impartiuse na parroquia da Penela con 20 horas para aprender a utilizar a banca dixital de forma sinxela, práctica e segura, descubrindo todas as vantaxes que ofrece fronte á banca tradicional. Acceder á banca en liña desde o ordenador ou o móbil, xestionar operacións básicas como consultar saldos, realizar transferencias ou pagar recibos, e utilizar aplicacións de pago entre persoas como Bizum. Fomentar a confianza e seguridade no uso da banca electrónica, aprendendo a protexer datos persoais e bancarios, configurar notificacións e detectar posibles fraudes ou intentos de suplantación.

ÚLTIMAS

Comezo do ‘Marida Maio 2026’

O 'Marida Maio', evento que conta co patrocinio da Deputación de Lugo, fai posible...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...