HomesociedadeJuan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

A celebración foi o 17 de abril na Residencia do Maior de Castro Caldelas, onde estivo acompañado do seu fillo, de diferentes autoridades, residentes e traballadores.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos, celebrou este aniversario o pasado 17 de abril acompañado dos residentes e traballadores da Residencia do Maior de Castro Caldelas, do Director Territorial de Política Social de Ourense, da Alcaldesa e a Concelleira de Benestar Social, da presidenta da Asociación de Xubilados e dos nenos e profesores do CPI.

“Foi unha celebración chea de agarimo, emoción e respecto onde o Sr. Juan disfrutou de agasallos e torta de aniversario”, comentaba Sara Inés Vega, a alcaldesa de Castro Caldelas, ao tempo que se refería ao homenaxeado coas seguintes palabras: “un home agarimoso, educado, elegante e gran conversador, convertiuse nun Caldelao máis dende que chegou, e nun dos tres residentes que con 98 anos non sufríu a COVID no ano 2020 nesta Residencia”.

Juan Bouzo coa alcaldesa á dereita e o Director Territorial de Política Social de Ourense á esquerda. Foto: Sara Inés.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...