HomesociedadeChantada celebra o 28 de abril a Xornada de divulgación nos Destinos...

Chantada celebra o 28 de abril a Xornada de divulgación nos Destinos Starlight: Galicia, porta de entrada da eclipse

O concello de Chantada comeza a programación astroturística que preparou como Destino Starlight e que inclúe actividades e obradoiros de observación estelar, astronomía ou astrofotografía. A axenda ábrese o vindeiro martes, 28 de abril, cunha xornada de divulgación sobre a eclipse do 12 de agosto, Galicia, porta de entrada da eclipse. Xornadas de divulgación nos Destinos Starlight.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade, organizada por Turismo de Galicia en colaboración co Concello de Chantada, está destinada ao sector turístico, prensa local, e outras persoas interesadas nas implicacións turísticas para un Destino Starlight ante un fenómeno coma o deste ano. O aforo é limitado sendo necesaria inscrición previa na Casa da Cultura, presencialmente, por correo electrónico (turismo@concellodechantada.org) ou por teléfono (982441752)

A xornada que ofrecerá información práctica sobre o fenómeno para que despois poida ser traslada á ciudadanía desenvolverase coa seguinte axenda:

  • 09:00h a 09:15h. Benvida da concelleira de Turismo de Chantada, Pamela Fernández. en reprentación do Destino Starlight
  • 9:15h a 11:00h. Charla coloquio: “Astronomía básica dunha eclipse e observación segura” por Begoña Estévez e Antonio Pazos, monitores Starlight
  • 11:00h a 11:15h. Presentación oficial da xornada
  • 11:15h a 11:35h. Descanso
  • 11:35h a 12:23h. “Fotografía da eclipse” por Fernado Rey Daluz, experto en formación audiovisual e divulgación científica, certificado por Fundación Starlight
  • 12:45h a 14:00h. Mesa redonda: “Implicacións territoriais da eclipse”. Interveñen:
  • Paloma Vázquez, Xefa da área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia.
  • Borja Tosar, Astrofísico.
  • Alexandra Seara, Xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
  • Jacobo L. Gay, Xerente de Hotel Mogay e Casa das Xacias
  • Ana Belén Fernández, Xornalista e Responsable de prensa do Concello de Chantada. Moderadora.
  • 16:00h a 18:00h. Práctica de fotografía da eclipse e observación solar, simulacro da eclipse.
  • 19:00h. Peche da xornada

Como un dos 3 destinos Starlight da provincia e dos 9 que hai en Galicia, o Concello de Chantada seguirá desenvolvendo unha completa programación previa á cita astronómica do 12 de agosto, que fai da provincia de Lugo o destino ideal para gozar da eclipse, xa que é a provincia galega con maior presenza da franxa de totalidade.

ÚLTIMAS

Máis de 1.400 inscritos e 8 casas do terror no QuiMedo que se celebra este 24 de outubro

O pavillón municipal, será unha vez máis o centro neurálxico do QuiMedo. Abrirá a...

Chantada reabre ao tráfico a rúa Serra do Faro, con importantes melloras despois do temporal do pasado inverno

Despois de ver as consecuencuias do temporal, o Concello de Chantada informou da situación...

A CIG Saúde denuncia o “abandono deliberado” do Hospital Comarcal de Monforte nos proxectos orzamentarios da Xunta

A CIG-Saúde denuncia que o Hospital de Monforte volve ser o "gran esquecido" da...

Obradoiro para aprender a identificar e combater a desinformación, este 22 de outubro na casa da cultura de Monforte  

O acceso constante a contidos informativos fai cada vez máis necesario contar con ferramentas...