HomesociedadeA Xunta licita en 3,6M€ melloras en estradas provinciais que afectan a...

A Xunta licita en 3,6M€ melloras en estradas provinciais que afectan a Sarria, Paradela, Triacastela, Monforte, Láncara e O Páramo

Arias reuniuse este luns con representantes municipais dos concellos nos que se intervirá para informalos dos traballos previstos, que consistirán na reposición da capa de rodadura con formigón bituminoso en quente, incluíndo fresados totais ou parciais da plataforma en función do estado do pavimento

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de publicar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de reforzo do firme nas estradas LU-633, LU-546 e LU-621, cun orzamento de 3.629.680 euros. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que se actuará sobre seis tramos que suman unha lonxitude de 63,7 quilómetros en dez concellos da provincia, cunha poboación total de máis de 45.500 persoas. As empresas interesadas en optar ao contrato poden presentar as súas ofertas ata o 25 de maio, e o prazo previsto de execución das obras será de seis meses.

A intervención principal realizarase na LU-633 (Pedrafita-Alto do Hospital), que asume o 60% do orzamento -2,2 millóns de euros-. Melloraranse 48,5 quilómetros en tres treitos: desde o inicio ata o punto quilométrico 13,5 en Pedrafita do Cebreiro; entre os puntos 26,8 e 27,8 en Triacastela; e desde o 50 ata o 84, entre Sarria, Paradela e Portomarín.

A LU-546, que conecta Nadela e Monforte de Lemos, asume un investimento de 773.700 euros en 7,4 quilómetros. Intervirase neste último municipio entre os puntos 51,7 e 55,5, así como entre os quilómetros 10,08 e 13,7, que discorren polo Corgo, Láncara e O Páramo. Finalmente, destinaranse 655.300 euros a 7,7 quilómetros da LU- 621 entre Láncara e Baralla, do punto quilométrico 11,3 ao 19.

En canto á distribución por concellos, case un terzo do orzamento (1.156.600 euros) concéntrase en Pedrafita do Cebreiro. Realizaranse fresados localizados e a renovación cunha capa de rodadura con 3 cm de mezcla asfáltica en quente de tipo discontinuo, e entre os quilómetros 5 e 13,5 aplicarase un microaglomerado en frío cun aditivo antixeo en toda a plataforma. Tamén se superará o medio millón de investimento en Paradela (609.700 euros), Baralla (524.300) e Monforte de Lemos (510.700 euros).

Arias explicou que estas actuacións forman parte do compromiso da Xunta de manter as estradas autonómicas en “condicións óptimas de vialidade, limpeza, sinalización e comodidade”. Neste sentido, cualificounas ademais como unha mostra da aposta firme do Goberno galego “pola seguridade, a conectividade e o desenvolvemento sostible do noso territorio”

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...