HomesociedadeA Galiña de Mos chega con actividades formativas ao CEIP de Monforte

A Galiña de Mos chega con actividades formativas ao CEIP de Monforte

O CEIP de Monforte de Lemos acolleu este xoves unha das actividades formativas do programa de promoción da raza Galiña de Mos “A Galiña de Mos vai á escola” que a asociación de criadores Avimós está a desenvolver en centros educativos da provincia coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa achega ao alumnado o ciclo de incubación e nacemento dos ovos ao tempo que lles dá a coñecer as características desta raza autóctona, a súa crianza e as súas cualidades gastronómicas da súa carne.

A deputada, Iria Castro, achegouse ao centro, onde tras tres semanas de incubación dos ovos, naceron unha ducia de polos. A responsable provincial aproveitou a súa intervención no acto para animar a “consumir produtos locais, alimentos que producen gandeiras e gandeiros no entorno máis próximo, para apoiar o seu traballo e forma de vida”.

Ademais de Monforte, A Galiña vai á Escola chegou hoxe aos colexios Santo Tomé do Carballo en Taboada e San Xoán do Requeixo de Chantada. No que vai de ano, tamén participaron nesta actividade alumnas e alumnos dos colexios de Friol, de Xermade, CEIP de San Román (Vilalba), de Navia de Suarna, de Baleira, de Castro Ribeiras de Lea, de Galdo (Viveiro), de Lourenzá e de Riotorto.

O persoal de Avimós desprázase aos centros para poñer en marcha a incubación, que dura 21 días. No día 19, volven para modificar os parámetros da incubadora amosando ao alumnado como diferenciar, cun ovoscopio, os ovos que son fértiles e os que non. Tras o nacemento dos polos, fan as charlas divulgativas nas que explican as características desta raza autóctona e a súa crianza

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...