HomesociedadeCo lema de defensa dos dereitos, das liberdades e dun futuro digno...

Co lema de defensa dos dereitos, das liberdades e dun futuro digno para Galiza, a CIG celebrou o 1º de Maio

En Monforte celebraban concentración ás 12:00h na Praza de España. O sindicato traslada o seu agradecemento a todas as persoas traballadoras que este 1º de maio saíron á rúa, "A vosa presenza é a mellor proba de que a loita continúa e de que non estamos sós".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A central sindical celebrou esta xornada reivindicativa para expresar o rexeitamento ás políticas que precarizan o emprego, limitan a acción sindical e atacan as conquistas históricas do movemento obreiro.

Neste Día Internacional da Clase Traballadora, a CIG Monforte animaba á mobilización nun contexto marcado polo incremento das políticas regresivas, os recortes de dereitos e o avance de actitudes autoritarias que afectan directamente ás condicións de vida e traballo da maioría social. “Fronte a esta situación, resulta máis necesario ca nunca encher as rúas para defender os dereitos laborais, os servizos públicos e a dignidade da clase traballadora”, aseguran.

A CIG insiste en que só coa organización e coa loita colectiva será posíbel frear esta deriva e avanzar cara a unha sociedade máis xusta.

Manifestación 1º de maio Monforte 2026 / CIG

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...