HomesociedadeA orquestra Panorama na III Festa da Xuventude de Chantada que se...

A orquestra Panorama na III Festa da Xuventude de Chantada que se celebra o 8 de maio

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, organiza este venres, 8 de maio a III Festa da Xuventude. A Festa comezará ás 20:30h e contará coas actuacións de Mekanika Rolling Band, a orquestra Panorama e La Fórmula.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración terá novidades na programación prevista inicialmente. Incorpórase ás 23:00h o pregón da Festa da Xuventude que correrá por conta de Elysoal, excompoñente da Orquestra Panorama. Esta cita desenvolverase na explanada da rúa Taboada, onde despois será o concerto da orquestra Panorama, inicialmente previsto na rúa Xoán XXIII.

Así a programación completa da Festa da Xuventude será a seguinte:

  • De 20:30h. a 23:00h. a charanga Mekanika Rolling Band levará a música polas rúas da vila.
  • 23:00h pregón a cargo de Elysoal, excompoñente da Orquestra Panorama.
  • De 23:10h. a 02:00h. actuación da Orquestra Panorama.
  • Desde as 02:00h a Orquestra La Fórmula ofrecerá a súa actuación na contorna do Pavillón Municipal

Para facilitar a asistencia á da xuventude e persoas interesadas da contorna, establécese, como todos os anos, o servizo de Noite bus. Nesta ocasión e en base a experiencia e demanda das anteriores edicións haberá 4 rutas para chegar á Festa da Xunventude. Os autobuses farán as rutas de regreso ás 5:00h.

  • Ruta 1 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h pasando polos concellos de Monterroso e Taboada
  • Ruta 2 con saída de Monforte de Lemos ás 22:00h e facendo parada en Escairón
  • Ruta 3 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h, pasando por Agolada, Lalín e Rodeiro
  • Ruta 4 con saída ás 22:00h da Barrela

A concelleira de Xuventude, Belén Vázquez Caseiro, lembra que a Festa está pensada para todas as persoas que se sintan novas e lles apeteza este tipo de lecer nocturno e anima á participación desexando que a climatoloxía acompañe.

ÚLTIMAS

Comezo do ‘Marida Maio 2026’

O 'Marida Maio', evento que conta co patrocinio da Deputación de Lugo, fai posible...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...