HomesociedadeSober aposta por dar unha segunda vida a edificios inhabitados co proxecto...

Sober aposta por dar unha segunda vida a edificios inhabitados co proxecto Retorna Galicia

O concello de Sober será o primeiro da provincia en sumarse ao proxecto Retorna Galicia, un proxecto que pretende darlle unha segunda vida a vivendas ou edificios inhabitados ou en ruína.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, vén de manter unha reunión cos membros do proxecto ‘Retorna Galicia’. O municipio lucense vai ser o primeiro en sumarse a esta iniciativa na provincia de Lugo pola que xa apostaron preto de 30 localidades do resto de Galicia.

Os promotores da proposta explican que ‘Retorna Galicia’ pretende construír un proxecto escalable que une activos, rehabilitación, operación e financiación moderna, mediante fórmulas como os fondos de inversión. O obxectivo é conseguir rehabilitar 1.500 vivendas en Galicia nos próximos cinco anos.

Fixar poboación no rural

Pola súa banda, o Goberno local do Concello de Sober vai prestar a súa colaboración para identificar aquelas vivendas ou inmobles que se atopan deshabitadas, como paso previo para a súa rehabilitación e posterior explotación. “É unha fórmula que nos parece axeitada para poder fixar nova poboación no rural”, precisa Guitián.

Unha vez as vivendas están localizadas, desde ‘Retorna Galicia’ activan a rehabilitación e xestión con financiación mixta (privada + pública) e coa tokenización como bandeira para aumentar o impacto das operacións. O obxectivo final, precisan, é impulsar a recuperación patrimonial, o turismo sostible, e a vivenda mediante novas fórmulas de financiación híbrida.

O rexedor soberino comprométese a ser un “aliado” deste proxecto, facilitando o diálogo, a identificación de oportunidades e a posta en valor de recursos que merecen unha segunda vida.

Na reunión de traballo para pechar a adhesión a esta iniciativa participaron o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e Juan Carlos Castro, CEO e fundador de ‘Retorna Galicia’ e empresario e fundador de Tendencia Total, con máis de 38 anos de experiencia en emprendemento, investimento, intermediación financeira, rendibilidade inmobiliaria e desenvolvemento de proxectos, así como outros membros do proxecto.

ÚLTIMAS

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...

Prata para Sara Pérez Pallín do Club Atletismo A Gándara no Campionato de España

A gran noticia do torneo chegou da man de Sara Pérez Pallín, quen se...