HomesociedadePromoción do 'Camiño Francés' na República Dominicana

Promoción do ‘Camiño Francés’ na República Dominicana

A Presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Begoña Balado Conde, acompañada dos Alcaldes e representantes de Paradela, Portomarín Monterroso, Palas e O Pino, reuníronse co presidente do centro galego na República Dominicana, D. Antonio Sánchez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Reunión da presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, e representantes dalgúns municipios da mesma, co presidente do centro galego na República Dominicana, D. Antonio Sánchez para explorar vías de colaboración para promover o Camiño de Santiago Francés entre os habitantes desta illa.

“A República Dominicana, ata hai poucos anos era un país asociado ao turismo barato e cun limitado desenvolvemento económico, pero nos últimos anos sufriu unha transformación que a converteu nun país atractivo para investimentos extranxeiros que fixo da súa economía, unha das máis estables de América Latina”, afirman dende a Mancomunidade xustificando o interese do encontro para amosar o atractivo deste itinerario xacobeo en paises onde non se coñece.

“Queremos que o Camiño Francés siga sendo a principal vía xacobea, así que non só imos promocionar o noso Camiño en países que xa envían peregrinos, senon que imos dar un paso máis, e ensinar todo o noso potencial alá onde non se nos coñece”, afirmaba Begoña Balado, Presidenta da Mancomunidade.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...