HomeTerra de Lemossanidade40 aniversario do Hospital de Monforte, "catro décadas de historia da cidade",...

40 aniversario do Hospital de Monforte, “catro décadas de historia da cidade”, asegura o alcalde

O Hospital de Monforte celebra 40 anos neste 2026. Iniciou actividade o 14 de maio de 1986 e por tal motivo neste mes estanse celebrando diferentes actividades, organizáronse xornadas de portas abertas con visitas guiadas para público en xeral e alumnado e diferentes conferencias para achegar o Hospital á cidadanía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto celebrado este mércores rendeu homenaxe ao traballo realizado durante estes anos no Hospital e ao compromiso dos seus profesionais. O rexedor, José Tomé, que tivo que ausentarse para asistir á saída da 4ª Etapa de La Vuelta Femenina, saudou á Directora do Distrito Sanitario de Monforte, María Inmaculada Ramos, ao Xerente do Sergas, José Ramón Parada, e ó Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico, e participou nas actividades do inicio do programa.

Para o alcalde, a posta en marcha do Hospital de Monforte hai 40 anos foi un “fito” que supuxo un punto de inflexión na atención sanitaria de Monforte e do conxunto da comarca: “A creación deste hospital marcou un antes e un despois nas vidas de todos os monfortinos e monfortinas; os que o vimos nacer coñecemos moi ben a influenza que tivo no progreso e no crecemento da nosa cidade”.

Tomé sinala que co 40 aniversario do Hospital celébranse tamén catro décadas de historia de Monforte e fixo referencia ao impacto que tivo no desenvolvemento do propio entorno da Corredoira, hoxe barrio do Hospital, e ao seu papel como dinamizador da economía do municipio, “A creación de emprego foi fundamental tamén para atraer e fixar poboación e para impulsar a actividade económica, os postos de traballo que creou o Hospital compensaron con creces os que se perderon no Ferrocarril, no Butano ou na Chacinera”, indica.

O rexedor trasladou tamén o agradecemento ao persoal sanitario, administrativo e de servizos que exerceron e exercen neste centro sanitario, “xeracións enteiras de profesionais dedicados a velar pola nosa saúde e a coidarnos, compromiso que tivo o seu máximo expoñente durante a pandemia. Faise necesario seguir apostando por unha sanidade pública de calidade, próxima, accesible e humana”, concluíu.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...