HomesociedadeFolgoso do Courel con Palestina no foco este 9 de maio

Folgoso do Courel con Palestina no foco este 9 de maio

O sábado, 9 de maio, desde as 10:30h desenvolverase no local do Toural en Fondo de Vila unha xornada con Palestina como protagonista. A actividade está organizado polo colectivo Do Courel a Palestina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a xornada abordaranse diferentes temáticas, como a Nakba ou expulsión dos palestinos das súas terras, a relación da universidade con Palestina ou a solidariedade co pobo palestino. Tamén se proxectará o galardonado documental “No matarás”, que aborda o mundo da xuventude xudía radicalizada residente nos territorios ocupados por Israel e que ten como director de fotografía ao monfortino Manuel Valcárcel, Piro.

Contarase tamén coas testemuñas da activista gazatí Sara Ashour, e de Mar Rodríguez Romero e Catherine Theasley Severino, integrantes do Grupo de Traballo en Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Aproveitando a contorna natural na que se celebrarán estes actos, e como actividades complementarias, os participantes poderán disfrutar pola tarde dunha visita guiada por Orlando Álvarez aos Entaladoiros ou Val das Mouras, e dun paseo entre orquídeas e os seus hábitats co biólogo Marcos Reinoso, da empresa “Pía Páxaro, sendeiros na natureza”, o domingo pola mañá. Máis información no teléfono 617 211 528.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...