HomesociedadeO 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola de Música municipal Samoeiro da Pobra do Brollón está próximo a comezar o novo curso 2026-27, cunha oferta de oito materias para adultos e nenos. O vindeiro martes 29 de setembro remata o prazo de matrícula, que se pode realizar ben a través da Sede Electrónica do Concello da Pobra do Brollón ou ben presencialmente na Biblioteca municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do baile a veciños e veciñas da Pobra, mais tamén de concellos limítrofes.

As clases ofertadas son baile tradicional e canto e pandeireta, impartidas por Iago Domínguez; percusión tradicional e gaita, impartidas por Álvaro Candal, e mais acordeón con Hadrián Rei. Hai a maiores dúas materias dirixidas a nenos e nenas: música e movemento (4-11 anos) con Hadrián Rei e iniciación á música tradicional (percusión e gaita) para nenos de 8 a 16 anos con Álvaro Candal. Tamén se ofrece canto coral con Alfonso Campos.

O curso comezará o 1 de outubro. Haberá dúas xornadas de portas abertas da clase de inicación á música tradicional (percusión e gaita), para que os nenos e nenas poidan probar sen compromiso. Serán os xoves 1 e 8 de outubro de 18:00 a 19:00 horas. Neste caso, a matrícula pode realizarse pasada o peche de inscricións.

Os horarios de cada materia así como prezos e detalles da inscrición, pódense consultar na web concellodapobradobrollon.gal.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...