Participan da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón 8 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Saíñas, Don Ventura e Corzoás (Capilla desculpa a súa ausencia nesta edición por motivos persoais). Na xornada do venres as casetas abriranse ás 19:00h e comezarase coa cata maridaxe, ás 20:30h será a inauguración a cargo do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Programación XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón
Venres, 8 de maio:
- 19:00h Apertura das casetas no recinto feiral e cata maridaxe dirixida Diego e Guillermo Centeno Marquina (cociñeiros do restaurante Vértigo, en colaboración con Ana Sofía Emidio Martínez (sumiller do restaurante Vértigo) e Vinosacra
- 20:30h Inauguración XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón por Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo
- 20:40.- Actuación da charanga Louband.
- 23:00.- Actuación do grupo musical Top Lider

Sábado 9 de maio:
- 12:00.- 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (primeira sesión).
- 12:00h.- Actuación das Searas
- 12:30h.- Sesións do Mago Antón (12.30/17:00/18:30)
- 13:30.- Brinde do Viño, simultáneo en toda España, por mor do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. Lugar: Campo da Feira.
- 14:30.- IX Festa da Empanada, no recinto do Castro. Haberá á venda empanadas e produtos da terra.
- 17:00.- 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (segunda sesión)
- 20:30.- Actuación da charanga Os Festicultores.
- 23:00.- Música a cargo do grupo Claxon

Domingo 10 de maio:
- 12:00.- Recepción de autoridades no recinto feiral.
- 13:00.- Pregón da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de don Luis L. Paadín, Enólogo e sumiller. Profesor de Análise Sensorial e Servizo, Técnico de Viticultura e Enoloxía (Universidade de Vigo). Lugar: Campo da Feira.
- 17:30h.-Actuación Xograres de Lemos
- 19:00.- Actuación da orquestra Gran Parada.

Para facilitar a participación da xente contarase con servizo de autobús con Monforte e Escairón.
O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, lembrou o carácter familiar da celebración e desexou unha boa climatoloxía para poder participar de todas as propostas da Mostra e desfrutar tamén dos recursos que o municipio ofece ao visitante, “temos as 3 ribeiras, a auga dos ríos e balneario, Augacaída, campo de golf, románico, paisaxe, tradición e moita festa de homenaxe ao viño durante 3 días”, aseguraba o alcalde.


