HomesociedadeComeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou destinar 250.000€ para colaborar cun proxecto que renovará a Avenida de Lugo, a antiga N-540 no concello de Taboada. Unhas obras que cambiarán unha das arterias do municipio, un dos principais accesos ó casco urbano e que canaliza boa parte do tráfico diario, conectando a vila con outras estradas comarcais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá reabrir a estrada LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada. A vía pechárase tras a aparición, no quilómetro 14,5, ao seu paso pola parroquia de Nogueira de Miño, dun desprazamento do muro de contención nun tramo duns 35 metros. Hai unhas semanas que a institución provincial comezara os traballos de emerxencia nesta vía coa realización dun estudo xeotécnico do terreo para valorar a problemática.

Este venres comezaron as actuacións para reforzar o muro mediante unha pantalla de micropilotes e a súa suxeición á mesma mediante ancoraxes, co obxectivo de estabilizar o muro e restablecer as condicións de seguridade da vía. Das actuacións encárgase empresa Xermolo S.A, que ten un prazo de execución previsto de catro meses.

Desde a detección da incidencia, o tramo permanece pechado ao tráfico. Trátase dunha obra complexa por ser unha zona de especiais condicións orográficas da contorna e pola súa proximidade ao leito do río Miño, nunha zona de viñedos con actividade agrícola e tráfico local. O orzamento para estes traballos supera os 330.000 euros e enmárcase nas intervencións urxentes da Deputación de Lugo para garantir a conservación e seguridade da rede viaria provincial.

Por outra banda a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou destinar 250.000€ para colaborar en Taboada coa renovación da Avenida de Lugo. Será unha renovación integral, que contempla a execución de beirarrúas, aparcamentos e pavimento da calzada. Ademais instalarase alumeado público, mobiliario urbano e humanizarase coa plantación de arborado. “Unha actuación que esperamos que teña un impacto importante en Taboada porque na avenida se concentran boa parte dos servizos, actividade comercial e movemento cotiá do concello”, valora a Deputada, García Porto.

  • A Xunta de Goberno tamén adxudicou a Fevisa  Vías y Obras SL o acondicionamento do trazado da estrada LU-P-1807 que conecta Chantada e Carballedo por Santa Uxía ata Cartelos cun orzamento de 254.100€. Arranxarase dende o inicio da vía ao punto quilométrico 9,4. E a rehabilitación de catro quilómetros do 13,6 ao 17,38; e 380 metros ao inicio da vía LU-P-2904 entre Conturiz, no Corgo e o Páramo, por 253.442,27€.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...