HomesociedadeFeira do Viño de Pantón, unha cita para promocionar o municipio e...

Feira do Viño de Pantón, unha cita para promocionar o municipio e os seus caldos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este venres na inauguración da 31ª Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se prolongará durante toda a fin de semana. Oito adegas participan na festa, declarada de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na primeira xornada tamén visitaron o recinto feiral a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez. O delegado territorial destacou o papel desta Feira para promocionar todos os recursos turísticos de Pantón e para enxalzar a viticultura da zona, cuxo carácter diferenciador vén dado pola súa situación xeográfica, ao atoparse entre as ribeiras de tres ríos – Cabe, Sil e Miño -.

Salientou tamén que a Ribeira Sacra non se entende sen a produción de viño, unha das actividades que singularizan a paisaxe e a realidade socioeconómica deste territorio. Nese sentido, apuntou o compromiso da Xunta co sector vitivinícola desta área, cunha liña de axudas específica da Consellería do Medio Rural para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión de viñedos na Ribeira Sacra, dotada cun orzamento de 1,5 millóns de euros. Arias enmarcou esta medida no conxunto dos apoios do Goberno galego ao sector do viño na Comunidade, que suman arredor de 12 millóns de euros anuais.

Inauguración Mostra do Viño da Ribeira Sacra de Pantón / Concello de Pantón

O delegado sinalou ademais o impulso da Xunta ao enoturismo, con iniciativas tan consolidadas como a Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños, que este ano cumpre a súa 15ª edición. A Ribeira Sacra contará con cinco buses do viño entre o 29 e o 31 de maio.

A feira mantén actividades complementarias que xa se celebraron o ano pasado, como a cata maridaxe Sabores da Ribeira Sacra e incorporouse nesta edición a primeira cata popular, que se celebrou este sábado en sesión de mañá e de tarde. Tamén hoxe a Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón acolleu a IX Festa da Empanada e o Brinde Día Movemento Viño D.O, que se celebrou simultaneamente en diferentes zonas produtoras de viño de España para reivindicar o valor dos caldos con denominación de orixe. Este domingo, ás 13:00h, o enólogo e sumiller Luis Paadín lerá o pregón desta edición.

LUIS PAADIN SUMILLER

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...