HomesociedadeO 14 de xuño, o CPI San Tomé do Carballo do Concello...

O 14 de xuño, o CPI San Tomé do Carballo do Concello de Taboada, celebra o 55 aniversario

O Concello de Taboada organiza, a través da Área de Educación e Benestar, un acto de homenaxe con motivo do 55º aniversario da apertura do CPI San Tomé do Carballo. Terá lugar o domingo, 14 de xuño, ás 12h30 nos exteriores do colexio, e contará con petiscos e acompañamento musical para as persoas asistentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o Concello fan un chamamento á participación de todas as persoas que o desexen, especialmente antigo profesorado, alumnado e persoal do centro, “nun día que agardamos sexa de lembranza, reencontro e homenaxe a este centro educativo tan importante para a historia recente do municipio”.

O CPI San Tomé do Carballo comezou a constituírse como grupo escolar desde 1971, integrando mestres e mestras que aínda durante uns anos impartían as aulas desde diferentes locais da vila. Deste xeito, as escolas rurais foron agrupadas, o que contribuíu ao reforzo da cohesión social e as relacións entre a mocidade das 27 parroquias do concello.

Considerando a importancia deste máis de medio século de actividade escolar en Taboada, desde o concello animan á veciñanza de Taboada e a todas as persoas relacionadas co CPI a achegarse o día 14 de xuño para sumarse a este evento.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...