Homesociedade“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

As humoristas Jazmín Abuín e Arantxa Treus ofrecerán este espectáculo ao público que se achegue á Casa da Cultura desta localidade ás 19:00 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Concello de Sarria acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con perspectiva feminista” que correrá a cargo da compañía Sobria e Serena, formada polas humoristas Jazmín Abuín e Arantxa Treus.

Será na Casa da Cultura ás 19:00 h e con entrada de balde ata cubrir aforo. Esta cita, que forma parte da programación feminista da Deputación de Lugo, busca poñer o feminismo ao alcance de todas e todos cun humor comprometido. As humoristas Arantxa Treus e Jazmín Abuín contan cunha ampla traxectoria nos escenarios galegos, combinando monólogos, teatro e televisión cun estilo fresco, próximo e cheo de retranca.

Ambas destacan pola súa capacidade para conectar co público a través dun humor actual e reivindicativo, converténdose en dúas das voces femininas máis recoñecidas da comedia en Galicia e moi seguidas en redes sociais. Na súa carta de presentación din que “Sobriedade, serenidade, discreción, silencio, sacrificio… son esas cousas que sempre se esperaron das mulleres polo feito de ser mulleres. Por iso, somos moi conscientes de que se hoxe podemos subir a un escenario cun micrófono para rir a esgalla da vida e de nós mesmas e a falar do que nos de a gana é porque outras loitaron antes para abrirnos camiño. E por iso este show ten un espazo para a eterna gratitude ás nosas maiores”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...