HomesociedadeDe Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

Nos concertos da noite actuarán tamén os grupos locais Doc Magoo´s e Malenne e o 16 de agosto serán as actuacións da orquestra Panorama e o Grupo de América de Vigo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentou a programación musical das Festas Patronais 2026, que se celebrarán entre o 11 e o 16 de agosto. As Festas contarán con seis grandes concertos principais, o primeiro na Praza de España o día do pregón, e o resto na Explanada da Compañía. Estes últimos reforzados coas actuacións de orquestras ou bandas locais que ampliarán a programación nocturna ata a madrugada con sesións antes e despois dos concertos principais. De tal xeito que o horario musical con carácter xeral comezará en torno ás 22.30-23.00 horas para rematar entre as 3.30 e as 4.30 horas.  

A programación comezará o martes, 11 de agosto tralo pregón das Festas coa actuación de De Vacas, coñecido cuarteto que destaca polas súas versións en galego de grandes éxitos internacionais. O concerto celebrarase na Praza de España, ás 22.30 horas.  

A noite do mércores estará encabezada por unha das bandas arxentinas máis recoñecidas internacionalmente, Ráfaga, autora de éxitos como “Mentirosa”, “Una cerveza” ou “Muero de frío”. A actuación será ás 00.00 horas. Nesa xornada a orquestra Olympus ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro, máis extenso, de 1.30 a 3.30 horas.

O xoxes, 13 de agosto, chega a quenda dunha das bandas máis representativas do pop alternativo español actual e un dos nomes imprescindibles nos principais festivais e grandes escenarios nacionais, Miss Cafeína. O concerto será ás 12 da noite, na Explanada da Compañía. A orquestra Acordes ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro de dúas horas, de 1.30 a 3.30 horas.

O concerto principal do día 14 corresponde a esta banda asturiana, Marlon, considerada un dos grandes referentes do pop-rock nacional. Ademais, neste 2026 veñen de iniciar unha nova etapa artística co seu álbum “Hipersensible”. A orquestra Los Españoles ofrecerá dous pases, 23.00 a 00.00 horas, e de 1.30 a 3.30 horas.

O día grande das Festas Patronais terá como protagonista a Beret, un dos artistas españois con maior proxección internacional na última década. Este concerto será ás 0.30 horas, despois da sesión de fogos artificiais de San Vicente, e finalizará en torno ás 2.00 de madrugada. A xornada grande das Festas Patronais reserva tamén protagonismo ao talento local, coa participación das bandas monfortinas: DOC MAGOO’S, de 22.30 a 00.00 horas / MALENNE, de 02.00 a 03.30 horas

O peche das Festas correrá a cargo da Orquesta Panorama e do Grupo América. A Panorama ofrecerá o primeiro pase despois dos Fogos do Río, de 00.30 a 2.30 horas, e o segundo, de 3.30 a 4.30 da madrugada. As sesiós están programadas de 22.00 a 00.00 horas, e de 2.30 a 3.30 horas.

O alcalde pechou a presentación do programa de concertos das Festas Patronais destacando a calidade das actuacións, “Unha programación moi axeitada, unhas festas inclusivas e abertas a todos os públicos, principalmente ao público xove, pensadas para celebrar a identidade monfortina e para apoiar ó noso tecido económico con concertos de primeiro nivel”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...