HomesociedadeImpulso á mellora da calidade do aceite galego coa identificación e certificación...

Impulso á mellora da calidade do aceite galego coa identificación e certificación de oliveiras autóctonas

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, participou este luns na recollida de exemplares de oliveiras autóctonas dentro do proxecto de impulso á mellora da calidade do aceite galego que está desenvolvendo a Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a xornada recolléronse mostras de oliveiras propiedade de Miguel Ángel Rodríguez, de Aceites Figueiredo, que colabora nesta iniciativa cedendo material e autorizando o seu uso á axencia adscrita a Medio Rural. Continúase así co proceso de identificación e certificación de variedades autóctonas de oliveiras en Galicia, para determinar, en primeiro lugar, o seu estado sanitario. O seguinte paso será o de producir planta certificada na Estación Experimental Agrícola de Baixo Miño, en Salceda de Caselas (Pontevedra), co obxectivo de que os produtores poidan dispoñer delas e ademais de seguir estudando a súa conformación e características xenéticas.

Trátase de medir o grao de éxito canto á reprodución destas plantas, con vistas á súa produción, fomentando, como obxectivo último, a orixe autóctona e a calidade do aceite galego. Neste sentido, esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego pola innovación e a investigación para o desenvolvemento da actividade económica e a súa diversificación no rural, neste caso mediante o sector olivícola.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...