Estas xornadas dixitais 100% gratuítas, que se desenvolven na Casa da Cultura de Chantada están impartidas por Euroformac. Nesta ocasión ofrécense as seguintes formacións:
Reservas en liña viaxes e eventos que terá lugar os xoves 28 de maio, 4 e 11 de xuño.
- Sesión 1: Reserva de aloxamento en liña. Introdución á reserva de aloxamento en liña: vantaxes e principais plataformas de reserva. Configuración inicial: creación de contas nas plataformas, configuración de métodos de pago seguros. Procura de aloxamento. Confirmación e xestión da reserva: pasos a seguir, cancelación e modificacións.
- Sesión 2: Reserva de transportes en liña. Introdución á reserva de transportes: como funciona e vantaxes. Configuración inicial: creación de contas nas plataformas, configuración de métodos de pago seguros. Procura e selección de transporte: como consultar horarios e roteiros dispoñibles, así como usar filtros para atopar as mellores opcións. Confirmación e xestión da reserva: como gardar e consultar os billetes no móbil.
- Sesión 3: Compra en liña de entradas para eventos. Introdución ás compras en liña: que son as entradas dixitais e cales son as principais plataformas de eventos. Preparativos para a compra de entradas: navegación por plataformas e configuración do dispositivo. Procura de eventos: como buscar por categorías e usar filtros para atopar as datas e localizacións adecuadas. Confirmación e xestión de entradas: proceso de comprar e confirmación, gardado de entradas. Seguridade e resolución de problemas: como identificar plataformas confiables para evitar estafas.
Redes sociais para a vida cotiá que se desenvolverá os luns 1, 8 e 15 de xuño.
- Sesión 1: Creación e xestión de perfís. Que son e como funcionan as redes. Exemplos de redes: Facebook, Instagram, etc. Como crear un perfil paso a paso en Facebook e Instagram: elixir foto, completar a información básica. Primeiros pasos: buscar amigos, publicar fotos, dar ‘gústame’, etc. Como unirche a grupos de interese, configurar as notificacións para estar ao día ou axustar a privacidade. Que facer se esquezo o meu contrasinal? Solucións para acceder á conta.
- Sesión 2: Comunicación efectiva en redes sociais. Diferenza entre mensaxes privadas e publicacións públicas. Consellos prácticos para comunicarse mellor en redes: escritura de mensaxes claras, uso de emojis… Guía para participar de forma segura e positiva en grupos. Información privada que nunca debes compartir e noticias dubidosas que convén contrastar.
- Sesión 3: Seguridade e privacidade en redes. Riscos das redes e beneficio de protexer o perfil. Configuración básica de seguridade en redes sociais: como crear un contrasinal seguro e lembralo facilmente. Como protexer a información privada: evitar publicar información segura. Como identificar perfís falsos e evitar estafas. Como xestionar a privacidade das publicacións: elixir quen as ves e quen non. Pasos a seguir para contactar co soporte da rede social se a túa conta é hackeada ou queres reportar algún perfil sospeitoso.
Máis información sobre as actividades na Casa da Cultura persoalmente ou por teléfono no 982 441 752. As prospostas do programa Conexión Dixital Senior+ están financiadas con fondos públicos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos Europeos Next Generation.

