HomesociedadeA Valedora do Pobo admite que hai unha atención "precaria" no Courel

A Valedora do Pobo admite que hai unha atención “precaria” no Courel

A Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada por Courel Vivo sobre a situación da sanidade na zona, que cualifican de "precaria"

Publicado o

- Advertisement -

Segundo recolle o organismo na súa resposta, solicitará á Consellería de Sanidade a información necesaria sobre os problemas expostos por Courel Vivo.

En concreto, o departamento sanitario disporá de 15 días para achegar os datos e, a partir de aí, a Valedora do Pobo analizará a información e informará das posibles actuacións que se poidan levar a cabo. Entre os problemas citados pola asociación atópase a falta de médico fixo en Seoane do Courel. “Hai médico só tres días á semana e case catro horas ao día, unha cobertura claramente insuficiente para un concello de montaña, dispersionado, envellecido e afastado do hospital de referencia”, lamentan.

Apuntan tamén que o seu municipio é o único do área sanitaria sen servizo de Hospitalización a Domicilio, “a pesares de ser precisamente o máis afastado do hospital”.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...