HomesociedadeConvocadas axudas para entidades sen ánimo de lucro e de ámbito social...

Convocadas axudas para entidades sen ánimo de lucro e de ámbito social no Concello de Monforte

O prazo de solicitude destas axudas comezou o pasado 23 de maio e estenderase ata o vindeiro 18 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Apertura da convocatoria anual de subvencións dirixidas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte. Serán beneficiarias todas aquelas que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no municipio durante o exercicio 2026.

“Queremos facilitar a estas entidades recursos para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas, así como axudar a previr a dependencia, desigualdade ou desprotección nas persoas máis vulnerables”, comenta o alcalde.

A contía que se destina do orzamento municipal ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros o máximo para cada subvención. As actividades acollidas a estas axudas deberán ser desenvoltas no 2026 e como regra xeral o importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 75% do seu orzamento.

OBXECTIVO DAS ACHEGAS

Fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios por parte de entidades de iniciativa social previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ao seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

ENTIDADES, REQUISITOS E SOLICITUDES

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de iniciativa social que realicen actividades ou desenvolvan proxectos de interese social para o municipio no ámbito dos servizos sociais que reúnan unhas determinadas condicións quedando excluídas da presente convocatoria as entidades e asociacións de carácter exclusivamente cultural, veciñal, xuvenís, deportivas, ANPAS e profesionais.

Na páxina web do Concello de Monforte están recollidos polo miúdo os requisitos e como presentar as solicitudes, así como o documento formal no que se recollen as BASES.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...