HomesociedadeInstálase aire acondicionado nas salas de ximnasia da Piscina Municipal Climatizada de...

Instálase aire acondicionado nas salas de ximnasia da Piscina Municipal Climatizada de Chantada

A Piscina Municipal Climatizada do Concello de Chantada conta nas súas instalacións coa piscina cuberta climatizada e os correspondentes vestiarios e dúas zonas de ximnasio, unha sala específica con aparatos de ximnasia e unha sala de fitness. Nestas dúas salas a concellaría de Deportes vén de renovar o sistema de ventilación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a concello de Chantada destacan a satisfacción dos usuarios ante esta medida que viñan reclamando despois das altas temperaturas dos últimos veráns nunhas instalacións onde non se poden abrir as ventás. “As persoas usuarias tiñan trasladado as dificultades para a práctica deportiva en situacións de altas temperaturas e coa posta en marcha do aire acondicionado aseguran que agora se está de marabilla”, afirma o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

A Administración local destina a estas actuacións 6.000€ de fondos propios. A Piscina Municipal Climatizada de Chantada abría as súas portas no 2004 cunhas instalacións de 2.183m2 ás que máis tarde se sumarían as piscinas exteriores para crear un complexo deportivo moi utilizado pola veciñanza, especialmente na tempada estival.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...