HomesociedadeChantada creará unha área recreativa na rúa Concepción Arenal cunha nova edición...

Chantada creará unha área recreativa na rúa Concepción Arenal cunha nova edición do obradoiro de emprego

No módulo de Atención Sociosanitaria daranse as clases formativas no Concello de Chantada e as prácticas no Fogar Residencial para persoas maiores de Carballedo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta semana comezou a X edición do obradoiro dual de emprego Serra do Faro, que promove o Concello de Chantada en colaboración cos concellos de Carballedo e Taboada. Durante 9 meses, 20 persoas formaranse nos módulos de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (xardinaría).

Os diferentes módulos irán rotando durante 3 meses en cada concello. No caso de Chantada os módulos de xardinaría e albanelaría centraranse no adecentamento dunha parcela na rúa Concepción Arenal para crear unha gran área verde. “Habilitarase este espazo como área recreativa con árbores, bancos, parque infantil e aparatos biosaudables. A obra inclúe mellora de acceso a vivendas, prazas de estacionamento e as luminarias correspondentes. Recuperaremos este espazo para o lecer dos veciños”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

No cruce da rúa do Comercio coa avda de Monforte adecentarase a zona que agora está con plaqueta e formigón, de modo que neste espazo colocarase pedra e máis vexetación para seguir mellorando a contorna do casco antigo.

Estas melloras coordinadas pola concellaría de Obradoiros completaranse con colaboracións no mantemento doutros espazos como o Monte de San Lucas, a contorna do Pavillón Municipal e do Paseo Fluvial, o Parque de Eloísa Rivadulla, e outras zonas verdes da vila.

.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...