HomesociedadeHomenaxe aos 40 anos de Mans Unidas en San Clodio este 6...

Homenaxe aos 40 anos de Mans Unidas en San Clodio este 6 de xuño

O pobo de San Clodio celebrará este sábado, 6 de xuño, ás 12:00 horas, na Igrexa Parroquial, unha homenaxe ás mulleres de Mans Unidas na localidade en recoñecemento ao seu compromiso solidario e ao traballo desenvolvido durante case catro décadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello de Ribas de Sil quere destacarse o traballo destas mulleres que se reuniron ao longo de preto de 40 anos no seu obradoiro de costura, cada martes e xoves de setembro a xuño, confeccionando pezas artesanais que posteriormente vendían con fins solidarios. O grupo participou de maneira constante en todas as edicións daFeira da Cereixa, converténdose nun exemplo de colaboración e entrega para toda a comarca.

Grazas ao seu esforzo e dedicación, contribuíron ao financiamento de proxectos de Mans Unidas e iniciativas destinadas á mellora da vida das persoas en Galicia, noutras zonas de España e tamén en países como Bolivia, Brasil e Perú.

Este ano será a primeira vez que non estarán presentes na Feira da Cereixa que se celebra esta fin de semana, motivo polo que a veciñanza de San Clodio quere renderlles unha homenaxe pública polo labor humano e social realizado ao longo destes anos. A misa e o acto de homenaxe estarán acompañados pola actuación da Coral Polifónica de Quiroga.

Desde o Concello de Ribas de Sil faise un chamamento á participación de toda a veciñanza para expresar o agradecemento e o agarimo ás integrantes deste colectivo.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...