HomesociedadeOs Lactouros presumen de 'navalla micolóxica personalizada'

Os Lactouros presumen de ‘navalla micolóxica personalizada’

Foron elaboradas artesanalmente por un taller especializado de Taramundi para as socias e socios da entidade. Trátase, ademais, dunha peza especialmente deseñada para a práctica micolóxica que ten un cepillo integrado e unha folla curva de punta redondeada.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de presentar unha edición especial de navallas micolóxicas artesanais feitas por encargo nun taller de Taramundi, vila asturiana coñecida pola súa tradición coiteleira. Son para socias e socios da entidade en exclusiva e iranse entregando nos vindeiros días.

Trátase dunha peza especialmente deseñada para a práctica micolóxica que incorpora folla curva de punta redondeada e un cepillo integrado, elementos característicos das navallas empregadas para a recolección responsable e a limpeza básica dos cogomelos no propio monte.

Dende a entidade micolóxica monfortina afirman que esta iniciativa “reforza os lazos entre dous territorios unidos pola tradición, o monte e os oficios artesáns: a comarca de Lemos e Taramundi, e pon en valor os oficios tradicionais, o traballo artesanal, ademais de ofrecer ás persoas socias un elemento útil e simbólico vinculado á súa afección”. 

Os Lactouros agradecen a colaboración e a boa disposición do taller de Taramundi que fixo posible esta edición especial, convertendo cada peza nun pequeno exemplo do saber facer artesanal que caracteriza a esta histórica localidade asturiana. “A micoloxía non é só unha actividade relacionada coa natureza, senón tamén coa cultura, a tradición e o respecto polo territorio. Estas navallas representan perfectamente esa filosofía”, sinalan tamén dende a directiva.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...