HomesociedadePantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro...

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O taller formará a 20 persoas desempregadas durante nove meses en especialidades vinculadas ao sector forestal. A Xunta destina 468.000 euros a financiar este obradoiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Obradoiro imparte a formación de ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’ –con 13 alumnos e alumnas- e ‘Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas’ –con 7 participantes. Estas iniciativas proporcionan formación teórica e práctica e experiencia profesional aos participantes, que desenvolven un traballo efectivo en beneficio dos respectivos concellos.

En canto ás actuacións programadas, o obradoiro realizará traballos de conservación e mellora de espazos naturais e áreas verdes, así como labores de mantemento de rutas de sendeirismo e outras contornas de interese paisaxístico dos tres municipios.

Así, no concello de Pantón actuarase nas rutas de sendeirismo de Atán-A Cova, Cibrisqueiros-San Cosmede, Pozas de Xanarteiro, Cruz-Pena de Pombeira e Curuxeira, ademais de acometer tarefas de poda, mantemento e substitución de especies arbóreas no campo da feira de Ferreira e actuacións de mellora en diferentes áreas verdes, como as de Deade ou O Baliño.

No Saviñao, os traballos centraranse no mantemento da Ruta da Ribeira Sacra do Miño ao seu paso polo municipio, e de zonas verdes de Escairón e Aias. Levaranse a cabo tamén actuacións forestais nas devesas de Currelos e de Escairón, onde tamén se mellorará a contorna do antigo campo de fútbol.

Pola súa banda, en Sober desenvolveranse traballos de mantemento en varias rutas de sendeirismo, como a dos Muíños dos Chancís, e acometeranse traballos de mellora forestal na contorna da rede de miradoiros do municipio.

ÚLTIMAS

Joseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

Nun coñecido trazado polos habituais do certame nacional de montaña disputáronse catro mangas de...

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas:...

O BNG discrepa do financiamento da Ponte do Malecón por parte da Deputación

O deputado e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e o portavoz municipal en Monforte,...

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado,...